A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón propuxo destinar “100 Millóns de euros á loita contra a violencia machista”. Ás portas do  25 de novembro, día  contra a violencia de xénero,   reprochou a Feixóo “o pacto do Partido popular coa extrema dereita” machista que nega a violencia contra as mulleres e pide derrogar as leis que as protexen.

A través da pregunta parlamentaria, Pontón pediu a Feixóo que “escoite o clamor das mulleres” porque, xa non vale  a “hipocrisía e os panos quentes cando o que está en xogo é a  vida das mulleres”.

A violencia machista, recalcou a líder do BNG, é un problema “político e social”, unha violencia que provocou na última década “ 55.000 denuncias nos xulgados, 43 mulleres asasinadas en Galiza, 3.500 casos activos de violencia machista e só o ano pasado, denunciados máis de 1.000 delitos sexuais cun intento de violación ao día”.

Teño a certeza, explicou  a portavoz do BNG que en troques de di en vez de ser asasinadas  43 mulleres foran 43 deputados, a reacción sería ben diferente, o goberno “non escatimaría medios “nin se contentaría cun simple minutos de silencio”.

Pontón pide un gran acordo para destinar 100 millóns de euros contra a violencia machista

Pontón pediu a Feixóo que non se agoche tras a lei aprobada no ano 2007 porque esa lei, recalcou a nacionalista continua sen cumprirse. Non se formou a totalidade dos profesionais, non hai suficiente sensibilización, non se educa en igualdade, faltan recursos. Hoxe, amosando dende o escano o texto da lei do 2007 reclamou “un gran acordo para dedicar un de cada cen euros a loitar contra a violencia machista”.

A deixación á hora de aplicar unha lei tan importante, engadiu a portavoz do BNG,  delátaos. “Delata  que  a axenda feminista e de loita contra a violencia de xénero non é a súa prioridade”. A súa axenda foi outra dende o inicio: “Financiar a grupos antiabortistas a través da Red Madre, suprimir  servizos de información ás mulleres, eliminar o programa de acompañamento ás vítimas de violencia, recuperar concertos con centros que segregan por sexo”, esta, recalcou “foi a súa carta de presentación ás mulleres cando chegou á Xunta”.

E a súa carta de despedida, proseguiu, é “avalar os pactos con esa extrema dereita antigalega, racista e ademais machista que nega a violencia contra as mulleres e quere  derrogar as leis para combatela.  Mentres eses pactos, que non son “inocuos” non se rompan, vostede é “cómplice” dos que defenden aos agresores e non ás  mulleres que sofren violencia machista”. Rompa con esa extrema dereita antigalega e machista, e dedique máis esforzos a loitar contra a violencia de xénero, aseverou.

Machista é pactar con VOX

Tras a resposta de Feixóo, Pontón reiterou que as mulleres galegas falan “por si mesmas” e non elixiron ao PP como portavoz e moito menos cando  cualifican o  8M de machista “ Aos  que din que  o 8 M é  machista,  dende o BNG respondemos que machista é pactar con VOX” e vostede non “pode poñerse de perfil e eludir ese debate”. Si vostede está incomodo con eses pactos, pida que se rompan pero non pode porque  avalou coa dirección nacional do seu partido   pactar coa extrema dereita.

Vídeo Recomendado:

Deja un comentario