A portavoz nacional, Ana Pontón, botou man da hemeroteca para retratar a un presidente da Xunta que, incapaz de aportar solucións aos grandes problemas de Galiza, busca culpables, nun exercicio de escapismo político inútil para o País. A través da lectura de unha vintena de titulares, -“aínda que podería seguir durante horas” alegou-, a líder do Bloque demostrou que “culpar” é o verbo que máis conxuga Feixóo para botar balóns fora.
“A iso se reduce a súa acción de goberno, a buscar culpables porque é incapaz de dar solucións e, por iso, estende o seu dedo acusador e culpa á cidadanía, á mocidade, ás empresas, á crise, a Portugal, a Catalunya, ao BNG e, como agora non goberna o PP, tamén ten Moncloa de comodín”, denunciou na sesión de control. “A súa é unha maneira inútil de afrontar os problemas do País”, sentenciou.
“Onde está a súa solución para ALCOA, onde as súas propostas para os produtores ante os baixos prezos, onde están as axudas ou para cando una mesa na que sente aos gandeiros, a industria e as grandes superficies; onde están os seus plans para darlle futuro á mocidade, para reforzar a sanidade pública ou cando vai deixar de vetar unha tarifa eléctrica galega en lugar de seguir abrazado ao lobby eléctrico”, foron algúns dos asuntos que Pontón puxo sobre a mesa para demostrar a falta de alternativas do xefe do Executivo. “O único que lidera son as críticas”, sentenciou.
E máis, a líder nacionalista ironizou sobre a “obsesión” do presidente do PP co Bloque, advertíndolle que por moitas campañas que lance non vai impedir o avance do BNG. “Deixe de hiperventilar co BNG e póñase a gobernar”, demandou a portavoz nacional, tras reclamarlle a Feixóo que se tome Galiza en serio, e iso pasar por gobernar “en lugar de vir ao Parlamento a difamar ao BNG e a súa portavoz”.
A líder nacionalista tamén lle reprochou a Feixóo que pretenda presumir dun balance que é nefasto para Galiza. “Campión de que?, interpelou, 14.000 empregos perdidos na industria, case 17.000 no sector agrario, 200.000 mozos e mozas que tiveron que coller as maletas e di que todo vai ben. Deixe de pisar moqueta e pise a realidade dos galegos e das galegas que están pasando por un momento moi complicado”, concluíu.
La victoria de António José Seguro frente a André Ventura confirma que la unidad democrática…
Una idea difusa que sacude a la izquierda confederal, choca con las siglas y deja…
La policía migratoria de Trump desembarca en Milán como gesto de fuerza geopolítica mientras el…
Qué significan realmente sus exigencias para gobernar Aragón Vox no está pidiendo sillones. Está exigiendo…
Ghislaine Maxwell usa el silencio como moneda de cambio mientras el poder político estadounidense se…
Mentir durante una catástrofe también es una decisión política El relato se ha caído. No…