Ana Pontón sobre o debate: “Previsible e decepcionante como muller e como galega. Non nós representan”

A portavoz nacional, Ana Pontón, critica que o debate a catro confirmase que ausencia de Galiza que non mereceu ningunha proposta específica, nin sequera no bloque temático de política territorial, pese a que este país miles de empregos en xogo por decisións das forzas estatais no sector industrial galego.

A conclusión do debate: “previsible, decepcionante como muller e como galega e non  representa a Galiza”, sintetizou Ana Pontón a preguntas dos medios.

“Previsible desleixo das forzas estatais para o noso país que veñen pedir o voto pero non teñen ningunha proposta concreta que poñer enriba da mesa. Só aquí na comarca da Coruña con 400 empregos na picota só en ALCOA, con 5.000 postos de traballo no fío da navalla nas empresas electrointensivas e as forza estatais nin unha só palabra para eles”, criticou.

Un debate “no que non nos sentimos representadas salvo polo último minuto no que o presentador Xabier Fortes deulle visibilidade a Galiza despedíndose en galego, que lle agradecemos por darnos voz, e voz propia é o que poden ter os galegos e as galegas tras o vindeiro 28A votando BNG”, indicou Pontón.

Se Galiza estivo ausente, tamén as mulleres. “Hai imaxes que valen máis que mil palabras e demostran que seguimos movéndonos entre teitos de cristal e chans pegañentos. A as únicas mulleres presentes no debate foron as maquilladoras e as limpadoras que pasaban a basoira mentres os catro machos-alfa da política estatal esperaban os seus minutos de gloria para poder tirarse os trastos á cabeza”.

“Tampouco nos deron alternativas nin solucións reais, despois dun 8M masivo, en materia de igualdade real, conciliación familiar e laboral”, denunciou.

Por todo isto, recalcou, “un debate tremendamente decepcionante como galega porque Galiza non estivo presente, salvo o xesto do presentador Xabier Fortes que é de agradecer, e tremendamente decepcionante como muller pois tras un 8M masivos no noso país vemos as forzas estatais capitaneadas por eses machos-alfa da política que non están á altura do que precisan as mulleres deste país”.

“Afortunadamente, en Galiza temos unha alternativa que se chama BNG e que estou segura a partir do 28A vai acabar con tanto silencio pero tamén con tanta marxinación cara os galegos e as galegas”, concluíu tras a súa intervención ante máis dun cento de delegados e delegas da CIG.

Deja un comentario