Categorías: Galiza

Ana Pontón urxe a Xunta e Estado solucións para a crise da Mariña e propón un Plan Industrial que garante o futuro da comarca

A portavoz nacional, Ana Pontón, encabezou a delegación do BNG que participou na manifestación “Polo Futuro da Mariña” que percorreu as rúas de Viveiro e na que reclamou a Xunta e Goberno central solucións urxentes para a grave crise que “leva demasiado tempo sufrindo a comarca, con peches de empresas e perda de emprego industrial” e que, segundo recalcou, provocou a perda “na última década máis de 1.000 empregos na industria”.

“Dende o BNG estamos hoxe nesta mobilización apoiando á veciñanza da Mariña que está lanzando un S.O.S. por Alcoa, por VESTAS, pero tamén un S.O.S. porque están vendo como lles están roubando o futuro”, explicou, para a continuación sinalar que “as cousas non pasan por casualidade; o Goberno central e a Xunta son os responsables desta perda de emprego industrial e de que hoxe teñamos a toda unha comarca co corazón nun puño porque está en xogo o seu futuro”.

Pontón considerou inadmisible “seguir mandando a máis xente á emigración ante a incapacidade dos Gobernos galego e central de darlle unha alternativa económica a esta comarca” e, neste sentido, asegurou que si existen solucións: “Alcoa só necesita dunha intervención pública; en VESTAS poderíanse salvar empregos vinculando os novos parques eólicos a que unha parte dos compoñentes se fagan en Galiza e isto evitaría a deslocalización de empresas deste sector”.

Así mesmo, apuntou á necesidade de poñer en marcha “políticas ambiciosas que permitan darlle un futuro” á Mariña e, por iso, propuxo un Plan Industrial “que permita a diversificación da actividade económica e a xeración de emprego e que lle dea esa futuro a esta comarca”.

“Porque temos a absoluta convicción de que se a crise que está vivindo A Mariña, se Alcoa en vez de estar aquí, estivera en Madrid, a solución hai meses que estaría sobre a mesa”, cuestionou, logo de salientar que concretamente a produción de aluminio é ademais un “negocio que da beneficios e que é rendible”. “Polo tanto, queda unha vez máis desenmascarado que o problema é que hai unha multinacional que quere pechar a súa actividade; o que necesitamos son gobernos que defendan o emprego en Galiza”, concluíu. 

 
 

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

Maestra Meloni

El manual de mascaradas y mentiras que la extrema derecha quiere copiar EL LABORATORIO POSFASCISTA…

1 semana hace

NACIONAL | Huelga contra Ayuso: universidad en lucha

Una comunidad académica agotada planta cara al desmantelamiento lento, metódico y perfectamente calculado LA UNIVERSIDAD…

1 semana hace

NACIONAL | Juan Carlos I pide perdón desde el desierto: memoria selectiva, impunidad heredada

El emérito reaparece en la televisión francesa para blanquear medio siglo de privilegios y cerrar,…

1 semana hace

Alemania vuelve a armar a Israel

El Gobierno alemán habla de estabilizar Gaza mientras alimenta la maquinaria que la destruye. LA…

1 semana hace

NACIONAL | ‘Anotop’ y el derrumbe de un liderazgo de Feijóo que nunca despegó

Cuando un lapsus deja al desnudo no solo a un político, sino a un proyecto…

1 semana hace

Perdonavidas Trump

Cuando Trump dice salvar vidas, tiemblan los pueblos que ya han probado su idea de…

1 semana hace