A Moción de apoio as reivindicacións do plantel da empresa CLECE que leva o servizo de axuda a domicilio no Concello de Narón foi aprobada por unanimidade logo da negociación de Abeledo durante o Pleno.
Está é parte da intervención durante o Pleno do candidato de NARÓN POR DIANTE e actual Voceiro de EU NARÓN.
«Estamos a falar de traballo digno e con dereitos. De poder traballar para vivir e non vivir para traballar.
Falamos de que se cumpran o convenio e os pregos de condicións.
Entendemos que o Equipo de Goberno debe tender a man aos representantes dos traballadores e esixir a empresa concesionaria do servizo que cumpra coas súas obrigas para cos usuarios pero tamén para cos traballadores.
Non é de recibo que unha gran multinacional como CLECE non este a cumprir coas condicións que eles mesmos asinaron.
CLECE debe abandonar a súa prepotencia e comezar a falar en pé de igualdade cas traballadoras e cos traballadores.
É preciso que se dignifique un traballo difícil, mal pagado e que non permite conciliar. Un traballo onde o estres psicolóxico e os abusos están a orde do día.
Un traballo que é ante todo un importante e fundamental servizo a veciñanza, sobre toda para aquelas familias que teñen aos seu cargo persoas con gran dependencia.
Cada día hai máis altas de usuarios, e créanse bolsas de horas que complican aínda mais a conciliación da vida laboral e persoal das traballadoras e traballadores.
Debese solucionar o conflito entre convenio colectivo e dereitos dos usuarios. O Prego de condicións para ser suave é demasiado simple e non reflexa moitas das realidades e casuísticas.
Queremos facer de Narón un exemplo na axuda a domicilio, mellorar o servizo e dignificar o sector.
Faltan tamén persoas formadas que poidan realizar o servizo, cubrir baixas ou vacacións, é preciso apostar pola formación de profesionais pero tamén pola dignificación deste sector para atopar xente que queira traballar, posto as actuais condicións fai que moita xente non este disposta a soportalas.
Non é de recibo que as traballadoras poñan o seu propio vehículo e aínda encima non se paguen todos os quilometraxes.
Os representantes das traballadoras e traballadores denuncian entre moitos outros incumprimentos que CLECE non elabora como esixe  o convenio un calendario laboral con carácter anual.
Denuncian que a empresa modifica de maneira unilateral a xornada de traballo.
Denuncian que o 100% das contratacións a tempo parcial son xornadas partidas.
Denuncian a empresa incumpre a hora de cubrir as bacantes.
Denuncian que CLECE non considera tempo de traballo efectivo utilizado polas traballadoras e traballadores para  ir a recoller as luvas, ou cubrir os moitos formularios a que a empresa obriga.
Denuncian tamén que algúns traballadores e traballadoras sofren unha carga de traballo excesiva.
Na Moción solicitamos uns acordos xustos e lóxicos, pero a nosa prioridade son os traballadores e os usuarios, e por suposto estamos dispostos a modificar, ou ata a retirar algún dos puntos si existe un compromiso real da empresa e do Equipo de Goberno para dar unha solución.
O que buscamos son solucións e para atopalas é preciso que tanto o goberno local como a empresa estean dispostos a escoitar a traballadores e usuarios.»
Acordos finais aprobados por unanimidade no Pleno:
1. Amosar o apoio ás reivindicacións do plantel da empresa CLECE.
2.Estudar como dotar ao Concello dun órgano de seguimento das condicións sociolaborais das traballadoras que executan traballos para o Concello.
3.Compromiso de que os representantes das traballadoras participarán nas reunión da elaboración do novo Prego de condicións.