Durante a xuntanza falouse da necesidade de que o transporte público chegue ata o polígono, un servizo de transporte que permita a mobilidade real da veciñanza é para nós un dereito.
Falamos da insuficiente iluminación do polígono e dos problemas de seguridade.
Tamén da nova gardería sita no polígono industrial que no seu momento vendeuse como unha ferramenta para facilitar a conciliación das traballadoras e traballadores, pero que na practica non ten un horario adaptado ao industrial, e vai a estar pechada todo o mes de Agosto a pesar de que a actividade no polígono non para neste mes. Unha gardería cun prezo que non ten melloras para as traballadoras e traballadores que son usuarios, un prezo de mercado, cando si o obxectivo é axudar a conciliación aos planteis das distintas empresas debería ter algún tipo de convenio ou subvención que a faga accesible para todas e todos.
Por outra banda estivemos de acordo a na apostar por un carril bici que vertebre Narón e chegue tamén a dar servizo aos polígonos da nosa cidade.