Categorías: Comunicados

Anova denuncia o descontrol ambiental tolerado pola Xunta de Galicia na mina de Varilongo

A formación respalda as denuncias dos colectivos ecoloxistas contra as verteduras de augas residuais procedentes da contorna da antiga explotación, presumiblemente ácedas e con presenza de metais pesados.

Balsa abandonada no complexo mineiro de Varilongo / Ecoloxistas en Acción

Para Anova, este descontrol ambiental tolerado en Santa Comba leva a «marca da casa» do director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais Ángel Bernardo Tahoces, que xa foi imputado por un caso semellante na mina de San Finx, e que demostra unha vez máis a complicidade do Goberno de Feijóo con prácticas contaminantes sostidas no tempo.

A día de hoxe, a realidade en Varilongo é que pese a non contar con permiso de vertedura ao dominio público hidráulico estanse a producir estes feitos de maneira ilegal ao non contar a concesionaria coas autorizacións administrativas e ambientais necesarias, pois como veñen denunciando varias organizacións a Resolución de transmisión dos dereitos mineiros do 25 de marzo de 2009 esixía como requisito previo un procedemento de avaliación de impacto ambiental.

O máis sorprendente é, sen embargo, que mentres esta situación segue a acontecer, dende a Administración autonómica non se actúa como sería preceptivo, paralizando de inmediato a actividade e incoando o correspondente expediente sancionador, o que demostra que unha vez máis a Xunta de Galicia opta pola tolerancia con este tipo de prácticas contaminantes e actúa como colaborador necesario amparando a actividade da empresa á marxe da legalidade vixente.

Anova demanda á Xunta de Galicia que remate coa eterna opacidade na súa política mineira, que na práctica impide ter un control real do que acontece nas explotacións en caso de prácticas irregulares, co obxectivo de que ninguén faga negocio a costa de danar ao medio ambiente e endosar ás arcas públicas os pasivos ambientais que debería asumir o promotor da actividade extractiva.

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

Maestra Meloni

El manual de mascaradas y mentiras que la extrema derecha quiere copiar EL LABORATORIO POSFASCISTA…

2 semanas hace

NACIONAL | Huelga contra Ayuso: universidad en lucha

Una comunidad académica agotada planta cara al desmantelamiento lento, metódico y perfectamente calculado LA UNIVERSIDAD…

2 semanas hace

NACIONAL | Juan Carlos I pide perdón desde el desierto: memoria selectiva, impunidad heredada

El emérito reaparece en la televisión francesa para blanquear medio siglo de privilegios y cerrar,…

2 semanas hace

Alemania vuelve a armar a Israel

El Gobierno alemán habla de estabilizar Gaza mientras alimenta la maquinaria que la destruye. LA…

2 semanas hace

NACIONAL | ‘Anotop’ y el derrumbe de un liderazgo de Feijóo que nunca despegó

Cuando un lapsus deja al desnudo no solo a un político, sino a un proyecto…

2 semanas hace

Perdonavidas Trump

Cuando Trump dice salvar vidas, tiemblan los pueblos que ya han probado su idea de…

2 semanas hace