Anova esíxelle ao Goberno do PP á fronte da Xunta unha rectificación na súa política de desenvolvemento eólico

0
21

A presentación do informe “Enerxía eólica e paisaxes culturais” por parte do Consello da Cultura Galega deixa ao desnudo a desprotección da paisaxe, do patrimonio e da biodiversidade que as políticas no sector eólico do Partido Popular provocan no noso país.
As conclusións son demoledoras porque propoñen medidas que son un mínimo imprescindible para unha política eólica sustentable e non depredadora.

Anova reclama un urxente cambio de rumbo na política eólica de Feijóo / Creative Commons

“Feijóo ten que saír a dar explicacións. As conclusións, que son demoledoras coas políticas de Feijóo e están cheas de sentido común, coinciden co que vimos reclamando dende hai anos e son un mínimo imprescindible para unha política sustentable”, declarou o Portavoz de Anova Antón Sánchez.

Abundou: “Un novo Plan Eólico adaptado a estes tempos, a súa avaliación ambiental estratéxica, unha verdadeira participación pública ou a ampliación previa da Rede Natura son reivindicacións que se veñen realizando nos últimos anos para evitar a depredación do territorio ”.

Para comezar sinala o evidente, o Plan Sectorial Eólico de 1997, modificado por última vez en 2002, está obsoleto e non pasou por unha avaliación ambiental estratéxica que avaliase o efecto conxunto do despregue de parques previsto. Por iso o Consello da Cultura Galega propón o que vimos propoñendo moitas dende hai tempo: a paralización da instalación de parques mentras non se revise este Plan.

Tamén coincide con outra reivindicación histórica que é a previa ampliación da Rede Natura, paralizada para defender os intereses do oligopolio que controla o negocio eólico, para que non se vaia a unha política de feitos consumados de ocupación de hábitats que deberían de estar protexidos.

A participación pública, limitada por leis aprobadas á medida das eléctricas, é outra das esixencias recollidas no informe xunto coa advertencia do posible efecto de discontinuidade de hábitats provocada pola ubicación de parques nos límites mesmos da Rede Natura.

O que debería de ruborizar ao Goberno galego é que o informe advirte contra a práctica fraudulenta da fragmentación de parques para evitar esixencias ambientais. Estas e outras medidas propostas contidas no informe son sensatas si se busca defender o interese xeral.
Dende Anova esiximos que Feijóo saia a dar explicacións e se comprometa a rectificar a súa política de connivencia coas eléctricas que entrega o país para o seu negocio.

Suscríbete al boletín gratuito de Contrainformación y únete a los otros 814 suscriptores.

Suscríbete al boletín gratuito de Contrainformación y únete a los otros 814 suscriptores.