Tamén demanda que se aproveiten os fondos para dotar de infraestruturas á rede pública de coidados deixando atrás o modelo privatizador das residencias de maiores.

Anova reclama un novo modelo de vivenda que afronte ás necesidades da xente e non o interés das grandes empresas do sector inmobiliarioi / contrainformacion.es

Antón Sánchez: “Trátase de que a utilización dos fondos europeos teña un enfoque social e axuden a reducir desigualdades, e que non incidan no modelo neoliberal no que se reparten entre as grandes corporacións como parece que apunta o plan do goberno galego”

Ante a opacidade do goberno galego sobre a xestión dos fondos europeos de reconstrucción e ante os indicios de que, unha vez máis, a Xunta de Galicia apostará por centrar o reparto de fondos nas grandes empresas e nun modelo extractivista e insostible, dende Anova consideramos que os orzamentos europeos deben de enfocarse dende unha óptica social e de reducción das desigualdades.

Así, como vimos denunciando, hai actualmente no Rexistro Oficial de demandantes de vivenda protexida máis de 15.000 galegas e galegos que desexarían unha vivenda protexida e 11.000 deles optarían si houbese pola vivenda pública en alugueiro.

“É un auténtico fraude á cidadanía que se inscribe no rexistro oficial e ve como non se lle da resposta dende un goberno galego centrado en fomentar o negoco especulativo”, manifestou Antón Sánchez.

Os fondos de reconstrucción europeos deben de servir para paliar este déficit de vivenda pública e por iso reclamamos que de xeito urxente a Xunta de Galicia e a FEGAMP acorden un programa a 5 anos que dea solución a esas miles de familias que demandan solucións vitais como é o acceso á vivenda, planificándoa alí onde exista esa demanda e priorizando a mobilización de vivenda xa construída mediante polítias de adquisición e rehabilitación.

Desatender esta demanda nun momento onde hai miles de familias para as cales a vivenda é un grave problema sería un fraude por parte das institucións.

Un parque público de vivenda de aluguer é unha solución para moitas persoas e serve como regulador dun mercado que nas cidades non para de subir os prezos privando á xente traballadora e sobre todo á mocidade dun dereito básico.

Encaixa perfectamente nas liñas que marca a UE e achegaría a Galiza un pouco aos niveis de vivenda pública europeos onde o Estado español é das poucas excepcións polos seus baixos niveis, e sacaría a este país da inacción na construcción de vivenda protexida que caracteriza ao periodo Feijoo no goberno onde estamos á cola a nivel do Estado español.

É NECESARIO CAMBIAR O MODELO DE COIDADOS DOS MAIORES.

Tamén instamos a que con celeridade se mude o modelo privatizador dos coidados que se mostrou tan nocivo para a saúde das persoas maiores.

“Non pode primar o negocio sobre a saúde”, declarou Antón Sánchez, que esixe que “os orzamentos da Xunta de Galicia e os fondos europeos deben de focalizarse no sistema público e non ser un grifo de diñeiro para os fondos voitre que fan negocio á costa da vida das persoas”

Galiza está por debaixo da media estatal de prazas de residencias e centros de día e debe de acordar, dentro dun amplo diálogo con colectivos de familiares, sindicatos, e difierentes administracións, a dotación das infraestructuras necesarias para ese novo modelo.

“Trátase de que a utilización dos fondos europeos teña un enfoque social e axuden a reducir desigualdades e que non incidan no modelo neoliberal no que se reparten entre as grandes corporacións como parece que apunta o plan do goberno galego”, conclúe Antón Sánchez.