Borrador automático

O vicevoceiro de En Marea e portavoz nacional de Anova denunciou esta semana no Parlamento de Galicia a situación orixinada pola falta de control do Executivo de Alberto Núñez Feijóo sobre a actividade mineira en Touro, o total fracaso dos intentos por recuperar os ríos da zona e a necesidade tanto de denegar a Atalaya Mining a autorización de reapertura da explotación de cobre como de depurar responsabilidades políticas «pola pasividade continuada» da dirección xeral de Enerxía e Minas e a falta de respecto á lexislación vixente.

Antón Sánchez nun momento da súa intervención / Parlamento de Galicia

No debate sobre unha Proposición Non de Lei presentada este martes, Sánchez afeoulle ao deputado popular Moisés Blanco o seu apoio ao proxecto de reapertura da explotación afirmando que «a mina de Touro é o exemplo do que eu non quero para o meu país» con «alcaldes, conselleiros e directores xerais de Enerxía e Minas que se sentan a comer con empresarios para que despois non cumpran a Lei. Iso non o quero. É o que veñen facendo vostedes nos últimos 30 anos».

Durante as súas intervencións o vicevoceiro de En Marea describiu en detalle as cuestionables actuacións da Xunta de Galicia en materia mineira: «Deficiente actuación inspectora e sancionadora, é dicir, tolerancia coa contaminación de determinadas empresas. Facilidades para estas empresas nos trámites administrativos incluso incumprindo a lexislación. Socialización dos impactos, pagamos todos as desfeitas cometidas por estas empresas. Ou a ausencia de planificación e conciliación cos valores paisaxísticos, ambientais ou naturais» -afirmou Sánchez-.

Aínda que a PNL estaba centrada nos datos das análises de Augas de Galicia sobre a contaminación da contorna da antiga explotación de Touro, o deputado aproveitou a súa intervención para facer recordo do último informe do Defensor del Pueblo ao respecto do proxecto de reapertura da mina, denunciando a «actitude de conivencia» do Partido Popular coas grandes empresas do sector extractivo e a non aprobación do Plan Sectorial de Actividades Extractivas pendente dende a aprobación da Lei 3/2018, de ordenación da minería de Galicia.

«A nivel galego os exemplos son similares, porque o que pasa con Touro pasa con San Finx, Santa Comba, Monte Neme ou pasa en moitos dos lugares onde hai explotacións mineiras e onde a Xunta de Galicia non fai a súa labor de vixilancia e de cumprimento da Lei» -aseverou Sánchez-.»Unha razón máis para pedir responsabilidades políticas aos responsables das políticas mineiras do Partido Popular durante os últimos anos. Unha razón máis para que o Sr. Tahoces dimita. Unha razón máis para que o conselleiro de Economía dé unha explicación».

«Tanto pedimos carpetazo a un proxecto de reapertura da mina que agravaría aínda máis a situación da zona e suporía un perigo enorme para o futuro da zona, que non é sostible, que non é compatible con outras actividades económicas que sí que son sostibles e tamén pedimos que se depuren responsabilidades políticas pola pasividade continuada durante anos e anos da Administración autonómica diante deste tipo de prácticas. Xa que veñen vostedes aquí -en referencia ao PP- a defender o sector mineiro na práctica son o peor inimigo do futuro para o sector mineiro pola falta de credibilidade que ten a Xunta de Galicia á hora de demostrar que se cumpre a legalidade vixente» -sentenciou o deputado-.


Necesitamos tu ayuda para seguir adelante con el periodismo crítico, ayúdanos a no tener que depender de publicidad externa y que Contrainformación sea solo de sus lectores. Con 1, 2, o 3 euros al mes nos ayudarás a seguir mostrándote nuestros artículos críticos.

Ayúdanos a seguir ofreciendo Contrainformación.

Deja un comentario