Categorías: Galiza

Antón Sánchez: “A mina de Touro é o exemplo do que eu non quero para o meu país”

O vicevoceiro de En Marea e portavoz nacional de Anova denunciou esta semana no Parlamento de Galicia a situación orixinada pola falta de control do Executivo de Alberto Núñez Feijóo sobre a actividade mineira en Touro, o total fracaso dos intentos por recuperar os ríos da zona e a necesidade tanto de denegar a Atalaya Mining a autorización de reapertura da explotación de cobre como de depurar responsabilidades políticas “pola pasividade continuada” da dirección xeral de Enerxía e Minas e a falta de respecto á lexislación vixente.

Antón Sánchez nun momento da súa intervención / Parlamento de Galicia

No debate sobre unha Proposición Non de Lei presentada este martes, Sánchez afeoulle ao deputado popular Moisés Blanco o seu apoio ao proxecto de reapertura da explotación afirmando que “a mina de Touro é o exemplo do que eu non quero para o meu país” con “alcaldes, conselleiros e directores xerais de Enerxía e Minas que se sentan a comer con empresarios para que despois non cumpran a Lei. Iso non o quero. É o que veñen facendo vostedes nos últimos 30 anos”.

Durante as súas intervencións o vicevoceiro de En Marea describiu en detalle as cuestionables actuacións da Xunta de Galicia en materia mineira: “Deficiente actuación inspectora e sancionadora, é dicir, tolerancia coa contaminación de determinadas empresas. Facilidades para estas empresas nos trámites administrativos incluso incumprindo a lexislación. Socialización dos impactos, pagamos todos as desfeitas cometidas por estas empresas. Ou a ausencia de planificación e conciliación cos valores paisaxísticos, ambientais ou naturais” -afirmou Sánchez-.

Aínda que a PNL estaba centrada nos datos das análises de Augas de Galicia sobre a contaminación da contorna da antiga explotación de Touro, o deputado aproveitou a súa intervención para facer recordo do último informe do Defensor del Pueblo ao respecto do proxecto de reapertura da mina, denunciando a “actitude de conivencia” do Partido Popular coas grandes empresas do sector extractivo e a non aprobación do Plan Sectorial de Actividades Extractivas pendente dende a aprobación da Lei 3/2018, de ordenación da minería de Galicia.

A nivel galego os exemplos son similares, porque o que pasa con Touro pasa con San Finx, Santa Comba, Monte Neme ou pasa en moitos dos lugares onde hai explotacións mineiras e onde a Xunta de Galicia non fai a súa labor de vixilancia e de cumprimento da Lei” -aseverou Sánchez-.”Unha razón máis para pedir responsabilidades políticas aos responsables das políticas mineiras do Partido Popular durante os últimos anos. Unha razón máis para que o Sr. Tahoces dimita. Unha razón máis para que o conselleiro de Economía dé unha explicación”.

Tanto pedimos carpetazo a un proxecto de reapertura da mina que agravaría aínda máis a situación da zona e suporía un perigo enorme para o futuro da zona, que non é sostible, que non é compatible con outras actividades económicas que sí que son sostibles e tamén pedimos que se depuren responsabilidades políticas pola pasividade continuada durante anos e anos da Administración autonómica diante deste tipo de prácticas. Xa que veñen vostedes aquí -en referencia ao PP- a defender o sector mineiro na práctica son o peor inimigo do futuro para o sector mineiro pola falta de credibilidade que ten a Xunta de Galicia á hora de demostrar que se cumpre a legalidade vixente” -sentenciou o deputado-.

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

NACIONAL | El fascismo se infiltra en las universidades: los ataques a Joaquín Urías y la deriva ultraderechista en las aulas

El problema no es solo que la extrema derecha actúe con impunidad en las universidades,…

1 día hace

NACIONAL | La pareja de Ayuso lleva un año ocultando información clave sobre la confesión de fraude fiscal

La defensa de Alberto González Amador reconoció haber compartido su confesión con la Abogacía del…

1 día hace

El tatuaje de un balón y una corona: el pretexto de Trump para deportar a un venezolano

Una deportación sin pruebas basada en un tatuaje y un gesto de las manos El…

1 día hace

NACIONAL | Empresas ‘desokupas’: condenas, juicios y delitos

La apertura de diligencias por delito de odio contra Daniel Esteve, líder de Desokupa, nos…

1 día hace

Un embajador israelí amenaza con la pena de muerte a menores palestinos en Gaza en una grabación secreta

«Debería haber pena de muerte para adolescentes que sostengan una pistola o una granada», señaló.…

1 día hace

15 millones respaldan en las primarias al líder opositor turco Imamoglu el día de su ingreso en prisión

El encarcelamiento de Imamoglu se convierte en un símbolo de resistencia política El alcalde de…

1 día hace