O vicevoceiro do Grupo Parlamentario de En Marea e portavoz nacional de Anova ven de rexistrar este luns no Parlamento de Galicia unha Proposión Non de Lei (PNL) para reclamarlle ao Goberno de Núñez Feijóo unha solución inmediata á situación xerada pola falta de control administrativo nesta antiga explotación de wolframio, estaño e áridos.

Balsa mineira no Monte Neme / Grupo Parlamentario de En Marea

Antón Sánchez recordou que o Goberno galego promocionou «de xeito absolutamente irresponsable» as balsas do Monte Neme dentro da campaña #DameGalicia, coa consecuencia de que algunhas persoas bañáronse nelas sufrindo como consecuencia diversos problemas de saúde, razón pola que considera prioritario «garantir a seguridade das persoas e a saúde medioambiental».

Na PNL, o parlamenario esixe a drenaxe e selado das balsas, e considera que «a situación do Monte Neme é a demostración de que o modelo imposto polas políticas mineiras da Xunta«, encabezadas polo Director Xeral de Enerxía e Minas Ángel Bernardo Tahoces e o presidente Alberto Núñez Feijóo, que «apostan pola privatización dos beneficios e a externalización das perdas e  polos custes ambientais».

O responsable político recordou que a empresa que deixou sen restaurar as balsas mineiras do Monte Neme na época de explotación de áridos como canteira «ten relación con empresas da operación Gürtel e está implicada en diversas actuacións irregulares», pois quebrou logo de cobrar máis de 600.000 euros de axudas públicas, «e agora déixanos unha hipoteca para ofuturo que teremos que afrontar cos recursos de todos e todas» -sentenciou o deputado-.

Vídeo Recomendado:

Deja un comentario