Antón Sánchez: «A tramitación do Proxecto de Lei de Patrimonio Natural reflexa unha vez máis que ao Partido Popular a protección medioambiental impórtalle máis ben pouco»

O vicevoceiro do Grupo Parlamentario de En Marea e portavoz nacional de Anova Antón Sánchez carga contra a actitude do Executivo de Alberto Núñez Feijóo pola tramitación urxente da norma, denunciando que para o PP as políticas de conservación da biodiversidade «son un obstáculo para o seu modelo económico, que é o modelo da depredación».

O deputado Antón Sánchez durante a súa intervención / Parlamento de Galicia

Durante a xuntanza da elaboración do dictame á vista do informe da ponencia sobre o Proxecto de Lei de Patrimonio Natural de Galicia celebrada onte na Comisión 2ª de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos celebrada este venres no Parlamento galego, o deputado denunciou a falta de interés do PP pola protección da natureza. «A tramitación deste Proxecto de Lei reflexa unha vez máis que ao Partido Popular a protección medioambiental impórtalle máis ben pouco, que está na cola da orde das súas prioridades. Así o ten demostrado durante os últimos dez anos» -aseverou o deputado-.

Para Sánchez, a actuación do Goberno de Feijóo na elaboración da norma lexislativa «demostra que ao Partido Popular non lle interesa dar ningún debate honesto e entrar a debatir con argumentos» pois está a tramitar este texto legal «en base aos seus intereses partidistas».

O deputado insistitu que a celeridade na tramitación da lei demostra que o PP «pretende tapar dez anos de desgoberno en materia ambiental, de desprotección e de conivencia incluso coa agresión medioambiental, coa aprobación de textos legais que de nada serven e que non se acompañan de vontade e de recursos para facer cumplrir todas estas lexislacións».

«É moi triste ter que poñerse a debatir artigo por artigo de cuestións que na Lei 9/2001 (de conservación da natureza) xa están recollidas e non se veñen cumprindo» -insistiu o deputado» pois «con esa lei non se debería dar o caso da mina do Monte Neme ou da de Touro, casos e casos que son o modus operandi deste Goberno galego«, denunciando que xa coa normativa vixente terían que estar aprobados os plans de conservación e recuperación de especies ameazadas e en perigo de extinción. «Vemos que a intención do Goberno é a de tapar cun proxecto lexislativo a súa inacción política pois mostra unha vez máis que é o Goberno da publicidade e a propaganda» -sinalou Antón Sánchez-.

Para o vicevoceiro do Grupo Parlamentario de En Marea, a Lei de Patrimonio Natural de Galicia «empeora en moitos casos» a situación existente «e con graves contradiccións» supoñendo «un enorme retroceso» con respecto ao Goberno anterior, «porque o PP considera que as políticas de conservación da biodiversidade son un obstáculo para o seu modelo económico, que é o modelo da depredación«.

Deja un comentario