Antón Sánchez: “A Xunta de Galicia debe parar a desfeita e rectificar a súa política de espolio eólico”

0
29

A sentanza que anula o acordo de repotenciación do parque eólico de EDP Renovables en Corme pon de manifesto unha vez máis que a única política da Xunta de Galicia no sector eólico é o negocio das grandes empresas do sector aínda que teña que pasar por riba da cidadanía, da paisaxe, do patrimonio ou da biodiversidade.

Antón Sánchez, portavoz nacional de Anova / parlamentodegalicia.gal

Neste caso, o TSXG evidencia a vulneración dos dereitos da cidadanía á participación nestes procedementos e pon en solfa a Lei 5/2017 de fomento de iniciativas empresariais (máis coñecida como Lei de Depredación) cuxo obxetivo fundamental foi dificultar a oposición a calquera proxecto, reducindo os prazos de participación cidadán.

A sentenza manifesta que incumpre a normativa europea que esixe un mínimo de 30 días para que a xente poida informarse e alegar nun procedemento de avaliación ambiental e sinala tamén como ilegal que se fixese o proceso de participación pública sin os informes sectoriais.

Dende Anova esiximos que se deteña a avalancha eólica actual porque non se dan as garantías de planificación, protección ambiental, paisaxística, ou de participación cidadán, e se elabore democráticamente outra normativa que sexa respetuosa con todos eses valores, que racionalice e democratice o sector.

Iso inclúe un novo Plan Sectorial que deixe ao de 1997 desfasado, unha proposta de ampliación de Rede Natura, a protección correcta dos humidais e especies ameazadas e un modelo económico que poña en mans da xente o control do sector.

De non rectificar, Feijóo estará abocando á cidadanía a unha guerra xudicial a sabendas de que se producirán moitas máis sentencias como esta, como antes xa aconteceu con Sasdónigas ou O Iribio.

“Cando xa está demostrado que non se dan as condicións de planificación, protección do territorio e participación cidadán nos procesos a Xunta de Galicia non pode seguir abocando a que a guerra xudicial sexa a única defensa. Debe parar esta desfeita e rectificar a súa política de espolio eólico”, declarou o portavoz nacional de Anova Antón Sánchez.

Suscríbete al boletín gratuito de Contrainformación y únete a los otros 814 suscriptores.

Suscríbete al boletín gratuito de Contrainformación y únete a los otros 814 suscriptores.