Categorías: Galiza

Antón Sánchez advirte de graves irregularidades por parte da Xunta na tramitación do parque eólico da Serra do Oribio

O deputado ven de denunciar esta semana nunha rolda de prensa no Parlamento galego que a actuación do Goberno de Núñez Feijóo neste proxecto é o “enésimo exemplo” da complicidade da Xunta coas grandes empresas, que unha e outra vez prepáralles o camiño para seguir facendo negocio cos recursos naturais de Galiza “sen importar pasar por riba” do patrimonio natural, cultural, da paisaxe e dos dereitos das persoas.

Desfeita ambiental provocada polas obras do parque eólico Serra do Oribio / ADEGA

Sánchez, vicevoceiro do Grupo Parlamentario de En Marea e portavoz nacional de Anova, recordou que este parque eólico que a empresa Fergo Galicia Vento está a instalar nos concellos lucenses de Triacastela e Samos debería estar reservado da construción de eólicos, tal como indican a Lei 8/2009, pola que se regula o aproveitamento do vento a nivel galego e o Pan Director da Rede Natura, que impediría de facto a súa implantación.

OPACIDADE ADMINISTRATIVA POR PARTE DA XUNTA

O deputado explicou na súa comparecencia que a evolución deste proxecto fíxose a partir dunha tramitación administrativa “absolutamente escandalosa” pola súa opacidade e porque a Administración autonómica “púxose a traballar denodadamente dende fai anos” para que o proxecto saíse adiante a través dun procedemento “rocambolesco” e plagado de irregularidades.

Así, Antón Sánchez detallou que no ano 2005, as eleccións foron o 19 de xuño e perdeu a maioría absoluta Manuel Fraga. Co seu Goberno en funcións, aprobou a Declaración de Impacto Ambiental do parque eólico Serra do Oribio o 12 de agosto de 2005, logo dun período de exposición pública do Estudo de Impacto ambiental que rematou o día anterior.

Para o deputado, esta situación notoriamente irregular “é só un exemplo de cómo estas empresas gozan sempre do favor do Partido Popular”, tal e como está a pasar agora coa aprobación este 14 de agosto e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal “para vestir ao santo”, legalizando deste xeito unhas obras “que se estaban a realizar ilegalmente” e das que xa se pediu a paralización cautelar.

Aparte de anunciar a presentación dun recurso administrativo contra esta última decisión da Xunta, Sánchez recordou que a tramitación do proxecto fíxose ocultando información “do xeito máis opaco posible” para garantir que o plan da empresa “vaia adiante” sen ningún tipo de obstáculo.

O vicevoceiro expuxo que houbo colectivos ecoloxistas que pediron a principios de ano o expediente do proxecto do parque eólico e fóiselle entregado tan só cinco días antes da resolución de agosto. “Oito meses tivo paralizada a entrega de información a Consellería de Economía e Industria aos colectivos que pedían esa información que era vital para saber si as modificacións proxectadas pola empresa eran substanciais ou non. E a diferencia era transcendente. Era a diferencia entre implantar o parque ou non poder implantar o parque”-detallou-.

Para Antón Sánchez, estas son “unha tras outra”, as “artimañas” do director xeral de Enerxía e Minas Ángel Bernardo Tahoces e do presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo “para darlle beneficios a estas empresas en contra da xente que defende o país”. Polo tanto, volveu a esixir a paralización das obras do que calificou de “aberración” sobre o patrimonio natural da Rede Natura. “Faremos todo o posible para que non se perpetre esta barbaridade” -concluiu-.

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

Blanquear la explotación: Bélgica regula la prostitución y perpetúa una dinámica de desigualdad bajo la fachada de protección

Cuando un Estado organiza el acceso a los cuerpos vulnerables, no garantiza justicia, solo refuerza…

5 días hace

La primera rebelión en El Corte Inglés en 100 años: un grito contra la precariedad

Las rebajas de enero comienzan con la primera protesta laboral en la historia de los…

5 días hace

El dinero de Musk, la gran amenaza para la democracia: la cruzada ultraderechista al servicio del caos político global

¿Hasta dónde se permitirá que un multimillonario con ínfulas de redentor reescriba las reglas del…

5 días hace

Llega el final para la farsa del chiringuito lingüístico de Ayuso: cierra la Oficina del Español

Madrid no necesitaba una oficina propagandística para defender un idioma cuya influencia global es innegable.

5 días hace

Hacienda desmonta el entramado fiscal de El Rubius

El patrón es evidente: fraccionar ingresos personales para tributar lo mínimo posible.

5 días hace

Opinión | Cómo el neoliberalismo allanó el camino al fascismo en EE.UU.

El sueño americano se desvaneció mucho antes de que las masas abrazaran la figura grotesca…

5 días hace