Antón Sánchez: «Anova valora positivamente a proposta lanzada por Compostela Aberta para resolver os problemas dentro de En Marea»

"O inmobilismo só serve para que apodrezan as cousas".

0
32

 

Tras unha xuntanza ordinaria da Coordinadora Nacional de Anova Irmandade Nacionalista, data que coincide co sexto aniversario da nosa Asemblea Nacional Constituínte, Antón Sánchez, o Portavoz Nacional do grupo político, falou deste tempo como «seis anos moi intensos de aposta pola ruptura con este Réxime a través da ferramenta da unidade popular, de maneira xenerosa».

Sánchez informou da valoración positiva da proposta lanzada pola coordinadora de Compostela Aberta. Unha proposta «construtiva de diálogo» na que se debe avanzar porque «o inmobilismo só serve para que apodrezan as cousas. A xente da rúa segue dicíndonos que nos poñamos de acordo entre diferentes para ser alternativa política neste país».

Pola súa banda, Xosé Manuel Beiras lembrou que «o proceso dunha estratexia pola unidade popular non comezou coa creación dun partido, se non que comeza co xurdimento das alternativas e proxectos a nivel local e comarcal antes das municipais de 2015». As mareas municipalistas gañaron «nos feudos do poder do Partido Popular» nos que «a cidadanía do común foi protagonista».

Xosé Manuel Beiras manifestou que para a continuidade do proceso é fundamental «redobrar esforzos» na consolidación das mareas municipalistas. Nese sentido existen elementos que evidencian que «En Marea non ten claro isto da autonomía municipal» con «interferencias moi graves, coma en Ferrol» En relación á proposta de Compostela Aberta, afirmou que «a interlocución non vai contra ninguén. Se hai un problema non pode negarse».

Suscríbete al boletín gratuito de Contrainformación y únete a los otros 814 suscriptores.

Suscríbete al boletín gratuito de Contrainformación y únete a los otros 814 suscriptores.

Dejar respuesta