Logo de coñecer a nova da dimisión da Valedora do Pobo, Milagros Otero Parga, o vicevoceiro do Grupo Parlamentario En Marea e portavoz nacional de Anova Antón Sánchez considera que esta renuncia «chega moitos meses tarde e o que xa non chega é a actuación a tempo do PP e do señor Feijóo, que debera levar a cabo unha tarefa de limpeza democrática removendo á Valedora do Pobo no seu posto» no momento no que se soubo que empregara o seu cargo para facilitar un posto de traballo a unha familiar do voceiro do Grupo Parlamentario Popular.

Antón Sánchez pide uha rexeneración da institución do Valedor do Pobo / Grupo Parlamentario de En Marea

Para o deputado «non pode ser que durante meses tiveramos á fronte da institución que debera velar pola defensa dos dereitos da cidadanía a unha persoa sobre a que pesa unha sentenza por ter enchufado á sobriña de Fraga nesa instituición».

Sánchez cualifica de «vergoña democrática esta situación que demostra unha vez máis que o Partido Popular do señor Feijóo convive a cotío coa corrupción e coa utilización das institucións en favor de intereses particulares e partidarios».

Necesitamos tu ayuda para seguir ofreciendo Contrainformación. No queremos depender de bancos, publicidad o grandes empresas. Si te gusta lo que hacemos, invítanos a desayunar una vez al mes para que podemos seguir ofreciéndote nuestro trabajo
¿Prefieres hacer un ingreso por tu cuenta? Aquí puedes hacerlo: Triodos Bank: IBAN - ES0714910001283000114479    

DEJA UNA RESPUESTA