Categorías: Galiza

Antón Sánchez denuncia a actitude obstrucionista do Partido Popular na Cámara galega por bloquear as comparecencias de Feijóo en plena crise da COVID-19

O deputado lembrou este luns que os partidos da oposición déronlle un aval ao presidente da Xunta cando, hai case un mes, apoiaron a suspensión do procedemento electoral logo de evidenciar que o coronavirus ía impedir que as eleccións se celebrasen “con normalidade democrática” e “con todas as garantías para a saúde e seguridade da cidadanía.

O deputado Antón Sánchez reclámalle responsabilidade institucional a Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta / Anova

O voceiro do Grupo Común da Esquerda no Parlamento de Galicia e portavoz nacional de Anova denunciou “a actitude obstruccionista do Partido Popular e do seu máximo responsable en Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que levan semanas bloqueando as comparecencias do presidente da Xunta fronte á Deputación Permanente da Cámara, que é o máximo órgano de representación logo da disolución provocada pola convocatoria de eleccións autonómicas.

Para Sánchez, a actitude dos demáis grupos parlamentarios “foi unha mostra de lealdade que non foi correspondida nin polo PP nin por Feijóo, que incumpriron o acordo que prevía converter á Deputación Permanente no órgano de control e impulso ao Goberno galego. O Partido Popular está a bloquear calquera posibilidade de que a Deputación Permanente exerza esas funcións, nunha actitude irresponsable e desleal”, dixo o deputado, quen lembrou que en Euskadi, onde as eleccións autonómicas tamén foron suspendidas, “a Deputación Permanente do Parlamento Vasco si foi activada como órgano máximo de control” do Goberno autonómico.

“A soberanía popular galega reside tamén no Parlamento de Galicia, e ten que ter voz e expresión democrática. O PP debe levantar inmediatamente este bloqueo, precisamente nun momento no que, máis que nunca, precisamos transparencia e capacidade para poder fiscalizar a acción de goberno da Xunta”, engadiu.

Xusto tras a declaración do Estado de Alarma, Galicia en Común-Anova Mareas presentou unha serie de propostas políticas que incluían a activación da Deputación Permanente e as comparecencias periódicas de Feijóo e dos responsables dos departamentos da Xunta máis implicados na loita contra a emerxencia sanitaria e as súas consecuencias socioeconómicas. Pero desde que comezou a crise Feijóo tan só compareceu nunha ocasión, sen que se teña resolto aínda como debe funcionar a Deputación Permanente como órgano de control.

“Os grupos parlamentarios solicitamos hai máis de dúas semanas un informe ao Parlamento para definir e establecer esas funcións. Pero seguimos agardando. Non vemos máis razóns, máis alá dás meramente partidarias, para que o PP manteña esta anomalía democrática e siga impedindo que o Parlamento de Galicia funcione e cumpra as súas funcións” -afirmou o deputado-.

Esta semana, o voceiro de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez Reino, tamén cualificou de “desplante” de “desprezo” á cidadanía galega a negativa de Feijóo de celebrar as reunións periódicas que se comprometeu a manter coas forzas políticas galegas, unha decisión que está a impedir que estas poidaan facer chegar á Xunta ás súas propostas para enfrontar a crise da COVID-19 dende a unidade e a colaboraicón entre todos os axentes político-sociais.

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

NACIONAL | El fascismo se infiltra en las universidades: los ataques a Joaquín Urías y la deriva ultraderechista en las aulas

El problema no es solo que la extrema derecha actúe con impunidad en las universidades,…

14 horas hace

NACIONAL | La pareja de Ayuso lleva un año ocultando información clave sobre la confesión de fraude fiscal

La defensa de Alberto González Amador reconoció haber compartido su confesión con la Abogacía del…

14 horas hace

El tatuaje de un balón y una corona: el pretexto de Trump para deportar a un venezolano

Una deportación sin pruebas basada en un tatuaje y un gesto de las manos El…

14 horas hace

NACIONAL | Empresas ‘desokupas’: condenas, juicios y delitos

La apertura de diligencias por delito de odio contra Daniel Esteve, líder de Desokupa, nos…

14 horas hace

Un embajador israelí amenaza con la pena de muerte a menores palestinos en Gaza en una grabación secreta

«Debería haber pena de muerte para adolescentes que sostengan una pistola o una granada», señaló.…

14 horas hace

15 millones respaldan en las primarias al líder opositor turco Imamoglu el día de su ingreso en prisión

El encarcelamiento de Imamoglu se convierte en un símbolo de resistencia política El alcalde de…

14 horas hace