Categorías: Galiza

Antón Sánchez denuncia a campaña de intoxicación e a falta de autocrítica do Goberno Feijóo na crise co coronavirus

O voceiro do Parlamento de Galicia en Común-Anova Mareas Sánchez sinalou que a comparecencia do conselleiro de Sanidade na Cámara galega estivo exenta de autocrítica e humildade, amosando unha «soberbia absoluta».

«Non fai falla que o PP recorra a falsidades para xustificar a non asistencia de Feijóo ao Parlamento. Se non comparece, é porque non quere. Se prefire estar a diario na TVG sen que ninguén contradiga a súa desleal campaña de intoxicación, é a súa responsabilidade», indicou.

Sánchez incidiu en que esta actitude do Goberno galego «produce unha indignación crecente na cidadanía observando que, segundo vostedes, a Xunta faino todo ben, e se hai algo mal, é culpa dos outros. Non falou de nada do que foi mal, e iso non é vir a explicar a realidade; é seguir facendo propaganda. Suspendéronse eleccións, pero vostedes non suspenderon a campaña».

O voceiro lamentou que isto é aínda «máis indignante cando vén dos responsables dos recortes na sanidade pública, que atacaron e denigraron as e os profesionais, cando vén dun partido con casos de corrupción evidente, por se non fora pouca corrupción usar o diñeiro público para favorecer a sanidade privada. É indignante que utilicen esta crise para facer campaña electoral».

«Din que o importante é salvar vidas, pero non deixan de estar en campaña electoral, encadenado unha intoxicación tras outra», continuou Sánchez. Como exemplo destas prácticas, o voceiro citou os problemas de falta material de protección para o persoal sanitario, «incluso cesaron unha responsable sanitaria polas súas reclamacións, mentres difundían críticas ao Goberno do Estado polos test rápidos».

Ademais, Sánchez destacou que «Feijóo dicía que necesitaban respiradores imperiosamente dous días antes de envialos a Madrid» ou que «o 5 de abril Feijóo dicía que os test rápidos son de apoio, pero non definitivos, algo que coincidía co que dicía o ministerio. Tres días despois dicía que pensaba que si eran definitivos».

RESIDENCIAS DE MAIORES, O MAIOR EXEMPLO DE MERCANTILIZACIÓN DA SAÚDE 

Antón Sánchez reprochou que o conselleiro de Sanidade «non fixo autocrítica» coas residencias de maiores, «o maior exemplo de mercantilización da saúde tras 11 anos de políticas e decisións destinadas a favorecer o negocio de determinadas empresas con diñeiro público».

Así, afondou en que «precisamente as residencias desas empresas son as que teñen máis contaxios e máis mortes. O Consello de Contas denunciou irregularidades, pero o seu Goberno non actuou. Cando se demostra agora que a xestión pública e directa é mellor, deberían recoñecer que as súas políticas puxeron en perigo a moitas persoas, pero non o fan. Botamos de menos unha reflexión a futuro de cambio de modelo».

O voceiro lembrou ademais que é evidente que «os recortes déixannos en peor situación. Se tiveramos as mesmas camas que cando chegaron ao Goberno, poderiamos intervir e medicalizar as residencias. Coa media de persoal do Estado, teriamos centos de profesionais máis, pero vostedes adicáronse a precarizar ese persoal e por iso hai escasez».

Sánchez criticou que, a pesar destas consecuencias, «seguen actuando igual e só recúan cando hai presión social. A mediados deste mes anunciaron rescisións de contrato ao persoal e só recuaron cando se soubo e era demasiado escandaloso. Van ter que facelo en moitas máis cousas, porque as privatizacións xa non van ser posibles. Moita xente viu que a sanidade pública é fundamental para protexernos».

Por último, Antón Sánchez valorou que «comprenderíamos un relato máis axustado á realidade, comprendemos as dificultades de calquera goberno para xestionar esta pandemia. O que non toleramos é que os gobernos que precarizaron a sanidade pública, estean constantemente en campaña electoral e veñan con soberbia sen recoñecer ningún erro».

Deste xeito, concluíu que «cómpre centrarse agora en salvar vidas. Cando isto remate, pediremos responsabilidades polas políticas que puxeron en perigo a xente poñendo o negocio por enriba da saúde».

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

La hipocresía nuclear de occidente: doble rasero como estrategia de dominación en Oriente Medio

El mito de la no proliferación Manu Pineda El Tratado de No Proliferación Nuclear (TNP),…

5 días hace

Trump quiere deportar a la democracia: el caso Mamdani y el nuevo macartismo

Disidencia, ciudadanía y poder: la receta autoritaria del trumpismo para borrar al adversario político DE…

5 días hace

NACIONAL | Feijóo y Abascal ya no se tapan: su programa es uno solo, y se escribe con mano de hierro

Del odio al migrante al amor por las nucleares: cuando el PP copia palabra por…

5 días hace

España ya tiene un socio: Eslovenia desafía el militarismo de la OTAN

Cuando la obediencia es norma, resistir aunque sea poco ya es una anomalía LA OTAN…

5 días hace

Si cierran Ormuz, abramos los ojosLa geopolítica del petróleo vuelve a encender la mecha del desastre

El cierre del Estrecho de Ormuz, aprobado por el Parlamento iraní tras los bombardeos estadounidenses,…

5 días hace

NACIONAL | La regeneración no se pacta en Moncloa: se conquista en la calle

Matute, en una entrevista con Naiz, exige romper con el Régimen del 78 y plantar…

5 días hace