A alcaldesa popular Nidia Arévalo pretende levar ao pleno municipal a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) co obxectivo de favorecer de facto a construción da nova cidade deportiva do Celta de Vigo e un macrocentro comercial nos montes de Tameiga e Pereiras recalificando 980.448 metros cadrados localizados en terreos de protección forestal.

«O monte é vida» é o lema da Comunidade de Montes de Tameiga / Facebook

Na súa conta de twitter, o vicevoceiro do Grupo Común da Esquerda e portavoz nacional de Anova Antón Sánchez denunciou o «escándalo» e a actitude «mafiosa» do Partido Popular neste proxecto, que considerou como «un dos mariores pelotazos no noso país en moitos anos».

Tweet de Antón Sánchez denunciando o «pelotazo» urbanístico impulsado polo PP do Concello de Mos / @AntonSanchezG

Esta semana, durante o Debate sobre o Estado da Nación celebrado no Parlamento de Galicia, o deputado tivo un recordo para os comuneiros de Tameiga por plantarlle cara á especulación urbanística defendendo a xestión do monte en man común «como fonte de futuro» fronte á volta «a aqueles tempos da impunidade, da corrupción e da especulación» por parte do PP.

Sánchez recordou que neste momento o de Mos non é a única loita na defensa da terra, senón que «existen tantos conflitos en Galiza como intentos de vender a prezo de saldo o noso territorio» porque «este pequeno lugar do mundo que se chama Galiza é espazo de conflitos protagonizados pola xente do común que ten en enfrontar xigantes, David contra Goliat, o común cidadán contra os depredadores, e cos depredadores os gobernos que deberan de estar coa xente do común».

Necesitamos tu ayuda para seguir ofreciendo Contrainformación. No queremos depender de bancos, publicidad o grandes empresas. Si te gusta lo que hacemos, invítanos a desayunar una vez al mes para que podemos seguir ofreciéndote nuestro trabajo
¿Prefieres hacer un ingreso directo? Aquí puedes hacerlo: Triodos Bank: IBAN - ES0714910001283000114479    

DEJA UNA RESPUESTA