Logo de coñecerse a sentenza xudicial que absolve á veciñanza das acusacións vertidas pola alcaldesa Nidia Arévalo na súa defensa dun macrocentro comercial, o portavoz nacional de Anova recorda que a corrupción institucional sempre terá en fronte «xente valente que se defende das tácticas mafiosas que emprega o poder».

Veciñanza de Mos en loita contra o proxecto urbanístico especulativo defendido pola alcaldesa do PP Nidia Arévalo / Cedida

En 2019, Antón Sánchez xa levara ao Parlamento galego a decisión da alcaldesa popular de levar ao pleno municipal a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), co obxectivo de favorecer de facto a construción da nova cidade deportiva do Real Club Celta de Vigo e un megacomplexo comercial nos montes de Tameiga e Pereiras, recalificando casi un millón de metros cadrados localizados en terreos de protección forestal.

Para Sánchez, trátase dun verdadeiro «escándalo», considerando o proxecto coma «un dos maiores pelotazos no noso país en moitos anos» amparado pola dubidosa actitude do Partido Popular e a alcaldesa de Mos.

Así, durante o debate parlamentario sobre o Estado da Nación, o deputado tivo un recordo para a veciñanza por plantarlle cara á especulación urbanística defendendo a xestión do monte en man común «como fonte de futuro» fronte á volta «a aqueles tempos da impunidade, da corrupción e da especulación por parte do PP».

O responsable político recordou, ademáis, que o de Mos non é a única loita na defensa da terra, senón que «existen tantos conflitos en Galiza como intentos de vender a prezo de saldo o noso territorio» e que o a cidanía ten que enfrontar ás veces proxectos especulativos e gobernos «que deberan estar coa xente do común».

DEJA UNA RESPUESTA