Antón Sánchez, Marcos Cal e Julia Torregrosa “móllanse” contra a crise climática a bordo do Rainbow Warrior

0
1042

Os tres deputados do Grupo Parlamentario de En Marea visitaron onte o mítico barco da ONG ecoloxista Greenpeace, que este luns concluiu na localidade pontevedresa de Vilagarcía de Arousa a súa xiral estatal para sensibilizar da importancia de loitar contra o cambio climático por parte dos Gobernos e da cidadanía.

Un momento da visita no Rainbow Warrior / Grupo Parlamentario de En Marea

Antón Sánchez, vicevoceiro da formación e portavoz nacional de Anova, é o deputado que máis iniciativas en defensa do medio ambiente ten presentado nas dúas últimas lexislaturas na Cámara galega, destacando polo seu compromiso social e cercanía ás problemáticas reais das comunidades afectadas pola falta de control sobre proxectos eólicos e mineiros por parte do Executivo de Alberto Núñez Feijóo á fronte da Xunta.

Pola súa banda Marcos Cal, pertencente a Podemos Galicia e tamén moi comprometido coa loita medioambiental, anunciou a presentación dunha iniciativa parlamentaria para pedirlle á Xunta explicacións polo veto do Porto de Vigo ao “Rainbow Warrior”, que estes días tiña previsto atracar nas súas dársenas pero non puido facelo polas reticencias do presidente da autoridade portuaria e ex-conselleiro de Pesca Enrique López Veiga no enésimo intento do Partido Popular por esconder “a realidade do cambio climático”.

Ambos representantes foron acompañados pola deputada Julia Torregosa, tamén de Podemos Galicia, vencellada ao ámbito da docencia e innovación educativa.

A LOITA CONTRA A CRISE CLIMÁTICA

Pep Barnal, capitán do Rainbow Warrior, ofreceu hoxe unha rolda de prensa xunto coa responsable da campaña, María Prado, presentando as demandas da súa organización na loita contra a problemática derivada do cambio climático.

Segundo expuxeron, Greenpeace aposta por unha reducción de emisións de gases de efecto invernadoiro para que a UE alcance unha tasa neta en 2040, o que implicaría que o Goberno español tería que efectuar unha redución dun 55% fronte ao 20% actual. Asemade, a organización aboga por derivar cara un sistema completamente renovable xa no ano 2030, pechando en 2025 todas as centrais térmicas e nucleares a nivel estatal.

A ONG considera clave o cambio cara un modelo de transporte “intelixente e eficaz” que aposte polas viaxes compartidas e a prohibición da venta de vehículos de combustión nun futuro próximo, así como o establecemento dun “marco xurídico estable” garantido pola aprobación dunha ley específica de cambio climático e transición enerxética que permita atallar a crise climática “nun momento histórico a nivel político para tomar decisións urxentes e contundentes”.

Dejar respuesta