O vicevoceiro do Grupo Común da Esquerda e portavoz nacional de Anova defendeu este venres na Comisión 2ª de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos unha Proposición non de Lei na que se instaba ao Goberno da Xunta a tomar medidas para garantir a seguridade das persoas e protexer o medio ambiente na explotación mineira abandoada entre os concellos de Carballo e Malpica de Bergantiños.
Sánchez destacou que a situación do Monte Neme, logo do seu abandono por parte da empresa Leitosa “non é unha excepción no país” senón “a norma” dentro da política mineira que está a desenvolver o Goberno de Alberto Núñez Feijóo.
“Sexa Santa Comba, Touro, San Finx, as Louseiras de Valdeorras ou o Monte Neme a norma é que as empresas explotan o recurso, fan negocio e despois vanse sen acometer a restauración dos espazos que lle foron concedidos, facendo por tanto esa política de privatizar os beneficios e socializar as perdas” -denunciou o deputado-.
Antón Sánchez destacou na súa intervención que o Monte Neme “non é un lugar calquera”, senón “un lugar emblemático con carácter históricamente telúrico, sagrado e cun alto valor patrimonial e paisaxístico na zona”, que en parte xa foi destruído pola actividade mineira.
O vicevoceiro recordou que na súa última época, o Monte neme foi explotado por Leitosa, unha empresa pertencente á familia Cotino “membros destacados do Partido Popular valenciano implicada na trama Gürtel” e que durante a súa actividad extractiva de seixo, recibiu máis de 600.000 euros en axudas públicas e pechou ao entrar en quebra “deixando a explotación mineira sen restaurar e sendo un perigo para a saúde das persoas e para o medio ambiente”.
O deputado fixo tamén referencia ao grave accidente acaecido en febreiro de 2014 na explotación, na que rompeu unha das balsas mineiras e 24.000 metros cúbicos de auga e lodos escorreron monte abaixo cara as parroquias de Razo da Costa (Carballo) e Aviño (Malpica de Bergantiños) “no que puido ser unha traxedia”. A empresa non se fixo cargo da restauración deses danos e a Xunta iniciou un litixio coa aseguradora AXA para ver quen se facía cargo dos 140.000 euros que costou acometer os danos provocados polo accidente. “Despois dese litixio a Xunta conseguiu recuperar polo momento 6.000 euros” -expuxo-.
Antón Sánchez recordou que as únicas medidas que tomou a Xunta de Galicia para evitar danos ás persoas e ao medio ambiente foron as de colocar uns carteis de prohibición de acceso e que este verán o caso do Monte Neme chegou a ter unha dimensión mundial logo de que varias persoas necesitasen atención médica logo de bañarse en algunhas das balsas mineiras. “Non sabemos a qué se espera para actuar despois de cinco anos de que esto pasase e ans despois de que a empresa Leitosa quebrase. É urxente tomar as medidas necesarias para garantir a saúde e a seguridade das persoas no lugar” -insistiu-.
“O que pedimos nesta iniciativa é algo propio de calquera Goberno responsable, que é garantir a seguridade da cidadanía e do medio ambiente. Porque o Monte Neme non pode seguir sendo unha fonte de perigo para as persoas e unha fonte de contaminación, como siguen sendo actualmente os restos desa explotación” -afirmou o vicevoceiro do Grupo Común da Esquerda-.
“Si a Xunta non é capaz, e non foi capaz ata o de agora, de que a empresa acometa cos seus fondos esa restauración terá que asumir responsabilidades, terá que dicir porqué non se lle requeriu un aval para facer frente a esta situación como di a Lei de Minería de Galicia. Terán que asumir responsabilidades aqueles que permiten que uns fagan negocio privado e os cidadáns e ás cidadás paguemos a desfeita que deixan, e terá actuar despois para intentar que non sexa gravoso para a facenda pública” -sinalou-.
Antón Sánchez recordou que no Monte Neme “o primeiro é a seguridade e a saúde das persoas e o medio ambiente” polo que o Goberno da Xunta “ten que mudar dunha vez por todas todas esas políticas mineiras de conivencia con estas actuacións, ou de amparo destas actuacións”.
“A Xunta de Galicia e a Dirección Xeral de Enerxía e Minas co Sr. Tahoces imputado por un presunto delito de prevaricación ambiental teñen que deixar de colaborar coas empresas e de obstaculizar a labor dos colectivos e dos cidadáns que están a facer o traballo que debería de facer a súa Dirección Xeral ou o Goberno galego, e que non o están facendo, para garantir o cumprimento da Lei, para garantir que non pasen cousas como en Monte Neme, nin en Santa Comba, nin en Touro, nin nas louseiras de Valdeorras que está probado que pasou o mesmo” -criticou o deputado-.
“Son vostedes a cova de Alí Babá. Ademáis como son 41, 40 máis Feijóo dálles perfecto o número: Alí Babá y los 40 ladrones. Están roubando a mans cheas o erario público, porque vamos a ter que acometer todos os galegos e as galegas o que vostedes consentiron por irresponsables ou coniventes. É dicir, pagar unha restauración que a Cámara Mineira estima en 1,5 millóns de euros con diñeiro público para que non o paguen os seus amigos da trama Gürtel, e eso é unha realidade, xa se poden poñer como queiran, xa poden dicir que é unha norma neste país, aínda peor” -denunciou-.
“Non hai excusas, o que hai que facer é actuar. Si vostedes non fixeron ben o seu traballo, non pediron garantías e a empresa pode irse cas mans limpas sin ter que pagar un euro é responsabilidade súa e non da xente que corre perigo por culpa destas actuacións. É moi triste a posición dun grupo de Goberno que nin siquiera é capaz de instar ao Goberno da Xunta de Galicia a cumprir a legalidade, moi triste” -sentenciou Antón Sánchez na súa intervención.
Cuando un Estado organiza el acceso a los cuerpos vulnerables, no garantiza justicia, solo refuerza…
Las rebajas de enero comienzan con la primera protesta laboral en la historia de los…
¿Hasta dónde se permitirá que un multimillonario con ínfulas de redentor reescriba las reglas del…
Madrid no necesitaba una oficina propagandística para defender un idioma cuya influencia global es innegable.
El patrón es evidente: fraccionar ingresos personales para tributar lo mínimo posible.
El sueño americano se desvaneció mucho antes de que las masas abrazaran la figura grotesca…