O portavoz de Anova denuncia a «cidadanía de segunda» e considera indignantes as insinuacións de Greenalia Wind Power incluídas na documentación do parque eólico O Cerqueiral situado entre os concellos coruñeses de Coristanco, Cabana de Bergantiños e Santa Comba, e que actualmente se atopa en proceso de información pública.
Antón Sánchez fai unha cita literal do Proxecto Sectorial «dunha das empresas que máis megavarios está a tramitar en Galiza» e na que «dende hai un ano traballa a ex-conselleira de Medio Ambiente Beatriz Mato», excelentemente ben pagada «polos servizos prestados» durante a súa época de responsable pública.
O texto ven dicir que a molestia polos ruídos é moderada non en función de como afecta ás persoas que viven neses núcleos de poboación, senón en función do tamaño dos núcleos e da carencia de servizos neles.
«É dicir, que a xente que vive neles non ten o mesmo dereito a disfrutar dun entorno coas mesmas condicións que calquera cidadán porque viven nun territorio a sacrificar para que un grupo de empresas se lucren amparadas polo Goberno galego» -afirma o voceiro-.
Sánchez recorda que, neste senso, os colectivos de defensa do territorio surxidos polo alto e ancho do territorio acertan ao definir o rural galego como «Territorio de sacrificio» porque «hai xente que sobra, que non ten os mesmos dereitos porque estorba a este gran negocio», unha xente que, en ningún caso, «debería estar soa».
«A xente que non vivimos nos lugares onde se expropia a favor de grandes empresas amparándose nun interés público fraudulento tamén estamos afectados por este sistema» -denuncia-, «porque o que está a acontecer diante dos nosos fuciños é a toma de posicións do gran capital para controlar nas seguintes décadas o sector enerxético bai baixo unha falsaria propaganda verde», algo «esencialmente grave porque dende hai anos algunha xente ven defendendo que a transición enerxética non é só mudar o carbón polo vento, senón a oportunidade de democratizar un sector estratéxico fundamental para as nosas vidas, algo que se trunca nestes momentos pola porta de atrás».
Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…
El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…
El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…
El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…
La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…
Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…