Categorías: Galiza

Antón Sánchez: “O da explotación mineira do Monte Neme é o exemplo perfecto para explicar o modelo corrupto de saqueo do público favorecido polo PP de Feijóo”

O portavoz nacional de Anova coñeceu estes días de primeira man a situación do cumio do mítico monte bergantiñán, cunha restauración ambiental que logo de anos de espera non chega pola negativa dos responsables da concesión a facerse cargo dos gastos derivados dos traballos de acondicionamento. 

Antón Sánchez comprobou de primeira man a situación actual do Monte Neme / Cedida

A canteira do Monte Neme foi explotada ata 2012 por Leitosa S.A.U., do grupo valenciano Sedesa, propiedade da familia de Juan Cotino, exvicepresidente da Generalitat Valenciana imputado no coñecido como caso Gürtel, un entramado empresarial que financiou ilegalmente ao PP a través de empresas da trama de Francisco Correa.

Leitosa explotou cuarzo e áridos a partir do ano 2006 no cumio do Monte Neme, a carón dunha centenaria explotación de wolframio sen que a Xunta chegara a esixirlle aval logo de finalizar a operación mineira. Sen embargo, sí percibiu case 600.000 euros en axudas públicas. Finalmente, no 2012, e cando era administrada por Vicente Cotino Escribá, sobriño do dirixente popular, a empresa entrou en concurso se acreedores, sendo disolta por orde xudicial.

Instalacións abandoadas de Leitosa no Monte Neme / Cedida

Para Antón Sánchez, que durante estes anos levou adiante a nivel parlamentario numerosas iniciativas sobre o particular na Cámara galega, “o da explotación mineira do Monte Neme é o exemplo perfecto para explicar o modelo corrupto de saqueo do público favorecido polo PP de Feijóo” e a “demostración” de que o modelo imposto polas políticas mineiras da Xunta levadas a cabo polo director xeral de Enerxía e Minas Ángel Bernardo Tahoces “aposta pola privatización dos beneficios e a externalización das perdas e custes ambientais”.

“As peripecias de Leitosa S.A. co permiso dos populares da Xunta de Galicia cóstanos moi caro” -reflexou Sánchez nas súas redes sociais logo da súa visita a semana pasada-, analizando pormenorizadamente os custes que o abandono por parte do Goberno galego tivo para o erario público, facendo referencia aos 794.000 euros do plan de restauración aínda non executado e aos 140.000 euros da reparación dos danos provocados pola rotura da balsa eno ano 2014, aos que hai que sumar os máis de 147.000 euros pola instalación dun valado de seguridade xa perforado en varios dos seus puntos ás poucas semanas da súa instalación. 

Desfeita no valado de seguridade instalado pola Xunta fai poucas semanas / Cedida

“Sexa Santa Comba, Touro, San Finx, as pizarreiras de Valdeorras ou o Monte Neme a norma é que as empresas emplotan o recurso, fan negocio e despois vanse sen acometer a restauración dos espazos” -valorou o responsable político-, levando adiante unha vez máis esa política de “privatizar beneficios e socializar perdas” que caracteriza ao PP galego e ao Executivo de Alberto Núñez Feijóo no Goberno da Xunta.

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

La hipocresía nuclear de occidente: doble rasero como estrategia de dominación en Oriente Medio

El mito de la no proliferación Manu Pineda El Tratado de No Proliferación Nuclear (TNP),…

1 día hace

Trump quiere deportar a la democracia: el caso Mamdani y el nuevo macartismo

Disidencia, ciudadanía y poder: la receta autoritaria del trumpismo para borrar al adversario político DE…

1 día hace

NACIONAL | Feijóo y Abascal ya no se tapan: su programa es uno solo, y se escribe con mano de hierro

Del odio al migrante al amor por las nucleares: cuando el PP copia palabra por…

1 día hace

España ya tiene un socio: Eslovenia desafía el militarismo de la OTAN

Cuando la obediencia es norma, resistir aunque sea poco ya es una anomalía LA OTAN…

1 día hace

Si cierran Ormuz, abramos los ojosLa geopolítica del petróleo vuelve a encender la mecha del desastre

El cierre del Estrecho de Ormuz, aprobado por el Parlamento iraní tras los bombardeos estadounidenses,…

1 día hace

NACIONAL | La regeneración no se pacta en Moncloa: se conquista en la calle

Matute, en una entrevista con Naiz, exige romper con el Régimen del 78 y plantar…

1 día hace