O vicevoceiro do Grupo Parlamentario de En Marea e portavoz nacional de Anova denunciou no debate do pleno da Cámara galega desde mércores que o Partido Popular actuou «por puro e simple interés partidista» na aprobación da norma e que non se tivo en conta a opinión dos colectivos ecoloxistas no proceso de participación pública.

O deputado Antón Sánchez durante a súa invervención na Cámara galega / Grupo Parlamentario de En Marea

«Xa teñen señoras e señores do Partido Popular o que querían. Un novo texto legal que se titula Lei de Patrimonio Natural de Galicia aprobada para tratar de disimular e ocultar o se nulo bagaxe, o seu negativo bagaxe de dez anos de desleixo coa protección ambiental e de complicidade coas agresións ao patrimonio natural» -afirmou o deputado-.

Sánchez tachou a norma durante a súa intervención de «ociosa», «innecesaria» e «mala lei» e vaticinou que o novo texto lexistativo «non augura nengún cambio» respecto das políticas ambientais do PP «dos últimos dez anos».

«Os dez anos do Goberno Feijóo son a mostra do incumprimento total da lei. Son vostedes a peor ameaza contra o patrimonio natural de Galicia, aínda que veñan despois a facer publicidade e propaganda. Para vostedes a protección da biodiversidade e do medio ambiente é un estorbo. É un engorro para o seu modelo económico que pretenden implantar.» -aseverou Antón Sánchez-.

«Si se moven por algo é en contra do noso país, porque son vostedes a peor ameaza para o patrimonio natural. E digo que son a peor ameaza porque vostedes son os que deberían estar defendendo o noso patrimonio natural, o noso país, das agresións, e en cambio temos aos colaboradores necesarios para que esas agresións se incrementen na súa velocidade lexislando a favor deses intereses como na Lei de Depredación e incluso facilitando o incumprimento da lei» -incidiu-.

O parlamentario cualificou o modelo do PP como «un ataque constante ao patrimonio natural» nos sectores forestal, mineiro, enerxético e tamén na loita contra o cambio climático.

«A maior batalla que libra este país nestes anos ademáis da pobreza, da exclusión social e da explotación laboral é a batalla contra o saqueo e o espolio do país e contra a agresión e o saqueo do medio ambiente. Estase librando só coas mans da xente, da cidadanía organizada coma no Nunca Máis. Cando o Goberno, elude as súas responsabilidades, traiciona aos seus representados é a propia cidadanía a que ten que librar esta batalla porque desgraciadamente estamos sós, sen ningún Goberno que nos defenda neste aspecto» -sentenciou de deputado na súa alocución-.

DEJA UNA RESPUESTA