Antón Sánchez: “Os parques eólicos de Endesa en Paradela son da oleada de proxectos que se están a implantar polo civil ou polo criminal en Galiza coa complicidade do PP”

0
1312

O vivevoceiro do Grupo Común da Esquerda e portavoz nacional de Antón Sánchez denunciou en sede parlamentaria esta semana o “modelo do espolio con certo aire colonial” favorecido polo Partido Popular no desenvolvemento da enerxía eólica, que recorda o que xa pasou a nivel galego en décadas anteriores no ámbito enerxético.

Proximidade ás vivendas aos aeroxeradores do parque eólico Paradela / Creative Commons

“Temos os nosos ríos ocupados por Iberdrola, por Naturgy e polas eléctricas facendo millóns e millóns a costa dos recursos naturais e das leis que eles mesmos fixeron a través de testaferros nos diferentes gobernos que despois acaban nos consellos de administración das eléctricas. Están os ríos ocupados facendo negocio e revertindo moi pouco no noso país. Moi pouco en termos de impostos. Moi pouco en termos de emprego, porque prácticamente xa se xestionan dende moi lonxe e tamén con infraestruturas amortizada”-afirmou o deputado durante a súa comparecencia-.

“Tivemos o espolio do lignito, en Meirama e nas Pontes. Durante dúas décadas Endesa e Gas Natural Fenosa / Naturgy extraeron o lignito para queimar nas térmicas, rematouse o lignito e agora Endesa pecha a porta, vaise despois de ter esgotado uns recursos naturais. E agora está ocurrindo o mesmo co vento, a mesma lóxica” -insistiu-.

O MODELO DO PP PREXUDICA Á POBOACIÓN RURAL

Durante a súa comparecencia na Comisión 2ª de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos do Parlamento galego na defensa dunha Proposición Non de Lei para solicitar a paralización dos parques eólicos de Enel Green Power España / Endesa en Paradela, Antón Sanchez criticou con dureza a xestión da enerxía eólica por parte do Goberno Feijóo, ao poñer un recurso natural coma o vento e o territorio “a disposición dunhas poucas empresas que se están a facer de ouro”, cando o vento podería ser un recurso “para axudar á poboación e crear rendas no rural” sen pasar por riba dos dereitos da xente, como está a suceder ata o de agora.

“Hai un negocio anual aproximadamente duns 600 millóns de euros na enerxía eólica en Galicia do cal aquí quedan as migallas nun modelo que crea pouco emprego e que ademáis non hai un modelo de desenvolvemento da texnoloxía asociada aos eólicos que puidera fixar o emprego que nos interesa” -criticou-.

O responsable político considerou que o modelo actual “é negativo para Galiza” e “deliberadamente deseñado” para que o recurso eólico “esté en mans duns poucos e non se democratice”, cando sen embargo hai “unhas condicións insuperables” a nivel galego para a implantación dun modelo de xeración distribuída cunha xeración enerxética cerca dos lugares de produción e “con pequenas instalacións en mans da xente”, seguindo o esprito da actual lexislación vixente na Unión Europea.

LEIS FEITAS Á MEDIDA DOS GRANDES INTERESES EMPRESARIAIS.

Para Sánchez, “deliberadamente”, se aprobou unha lexislación favorable a este modelo de saqueo, sendo a última lei feita a medida destas empresas a Lei 5/2017, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, máis coñecida como Lei de Depredación.

“Os parques eólicos de Paradela son tamén da oleada de parques que se están a implantar polo civil ou polo criminal en Galicia. Lembremos o da Serra do Oribio, en plena Rede Natura, tamén espoleado por esa Lei de Depredación que se fixo seguramente no despacho dalgunhas destas empresas” -denunciou-.

“En Paradela tamén hai xente que vai sufrir a instalación destes aeroxeradores para que despois Enel, unha empresa pública italiana que controla Endesa, esa Endesa que pecha a porta e deixa aos camioneiros e auxiliares das Pontes na estacada sobre a cal o Partido Popular non di nada a pesar de que ten grandes cargos, destacados cargos e ex-dirixentes do Partido Popular no seu consello de administración. Pois esa vai facer negocio sobre todo a costa sobre todo dos impactos paisaxísticos, no Camiño de Santiago e tamén na vida das persoas” -explicou o parlamentario en referencia aos parques eólicos Paradela e Serra das Penas-.

“Calquera pode ir a ver o que pasa en Paradela. Muíños de 140 metros de altura, aplicando o mesmo Plan Sectorial Eólico do 2002 cando os aeroxeradores eran aproximadamente a metade de altos e que tiñan a metade de amplitude as súas aspas” -detallou Antón Sánchez-.

“Nós estamos en contra de que se instalen así os eólicos e se instalen os eólicos en Paradela, porque cremos que se debe facer partindo dun respecto escrupuloso á xente do rural, á xente que aínda aguanta vivindo no rural, que a despoboación do rural non é casualidade, que a xente a estan a botar, e a están a botar con cousas como esta, sen ningún respecto ao patrimonio, á paisaxe e sobre todo sen que sirva para xerar riqueza á xente do rural” -concluiu o deputado-.

Suscríbete al boletín gratuito de Contrainformación y únete a los otros 814 suscriptores.

Suscríbete al boletín gratuito de Contrainformación y únete a los otros 814 suscriptores.

Dejar respuesta