Antón Sánchez sobre o accidente do Alvia: “O Estado español, fose quen fose o goberno, exerceu estes seis anos de obstaculizador e non de colaborador no coñecemento da verdade”

0
45

O vicevoceiro do grupo parlamentario de En Marea participou na manifestación coa Plataforma Víctimas do tren Alvia xunto ás deputadas Eva Solla e Julia Torregrosa.

Concentración en recordo do accidente do Alvia / Grupo Parlamentario de En Marea

Seis anos despois do accidente do tren Alvia en Santiago de Compostela, e coma 24 de xullo dende entón, a Plataforma Víctimas do tren Alvia convocou esta mañá unha mobilización dende estación de Renfe ata a praza do Obradoiro para reclamar xustiza e verdade.

Na manifestacion estiveron acompañadas polo vicevoceiro do grupo parlamentario de En Marea Antón Sánchez, que acusou ao Estado español, “fose cal fose o goberno”, de ser unha “constante obstaculización na procura da verdade, faltandolle ao respecto ás vitimas e ás súas familias e cunha actitude claramente antidemocrática, defendendo os intereses económicos e de parte por riba da busca da verdade e da xustiza”.

Para Sánchez “tanto o PSOE coma o Partido Popular unha vez máis están dacordo en cuestións como é defender primeiro o negocio por riba da vida das persoas” e dixo que non pode ser que en seis anos as vítimas sintan as administracións como un obstaculo e non como colaboradores no coñecemento da verdade”.

Ademais, reclamou unha investigación no Parlamento galego, “algo que nós reclamamos dende o primeiro momento, porque o accidente aconteceu en Galicia e os galegos e galegas necesitamos saber tamén se todas as vías ferroviarias  no noso país están en condicións de seguridade”.

“É unha vergoña que a Comisión Europea tivese que dictaminar que a comisión técnica da CIAF non era independente e polo tanto hai que facer outra e que nin o Partido Popular nin o Psoe puxeran en marcha esa investigación técnica independete para coñecer as responsabilidades tanto penais como políticas neste accidente, é unha vergoña que nos deixa retratatdos tamén fóra do Estado español”, concluíu.

Na manifestación tamén participaron as deputadas do GP En Marea Eva Solla e Julia Torregrosa.

Suscríbete al boletín gratuito de Contrainformación y únete a los otros 814 suscriptores.

Suscríbete al boletín gratuito de Contrainformación y únete a los otros 814 suscriptores.

Dejar respuesta