Categorías: Galiza

Antón Sánchez sobre o alto impacto causado polos parques eólicos en Galiza: «O Goberno Feijóo conxelou instrumentos de protección da natureza para favorecer o negocio das eléctricas»

Anova denuncia que a Xunta de Galicia está a permitir deliberadamente a afección a humedais para favorecer a implantación de macroproxectos a marxe do interés público.

Aluvión de aeroxeradores na Costa da Morte / Asociación Salvemos Cabana

Neste senso, consideran como «moi preocupante» a tramitación e aprobación de declaracións de impacto ambiental dun gran número de parques eólicos por parte do Goberno galego ao afectar directamente a zonas como brañas, lagoas ou turbeiras, afectando directamente a súa supervivencia, coma nos casos dos proxectos Braña Ancha -actualmente en tramitación-, Lagoa II, coa autorización ambiental aprobada ou noutros casos coma Monte do Gato, Sasdónigas, Campelo, Monte Toural ou Maragouto.

A formación recorda que as zonas húmidas son necesarias tanto para a conservación da biodiversidade como para a loita contra o cambio climático pola súa capacidade de captura de CO2, favorecendo ademáis o ciclo hídrico natural. De feito, por estes motivos, son considerados dende a Unión Europea hábitats prioritarios que deben ser obxecto de ampliación e protección.

Sen embargo, para Anova, coa súa actitude de conivencia coas grandes empresas do sector eólico, o Goberno de Alberto Núñez Feijóo está a facer todo o necesario para que as políticas de protección da natureza non sexan un obstáculo para o seu negocio.

Por este motivo, denuncian que o Executivo do PP «mantén esquecida» a proposta de ampliación da Rede Natura, evitando así a protección de espazos nos que se está a tramitar proxectos que doutro xeito non poderían tramitarse, pois moitos deles atópanse en zonas húmidas que deberían ser protexidas por mandato comunitario e criterios de conservación da natureza.

Para o grupo o desleixo é tal, que despois de 13 anos de goberno, a Xunta non incluiu nin un só humedal no Inventario de humidais creado polo decreto 127/2008, que é o paso previo para a súa declaración como Zona Húmida Protexida.

Así, «co argumento falaz» da «loita contra o cambio climático», Anova denuncia que estase a impulsar unha avalancha eólica de tal xeito que estanse a afectar espazos fundamentais nesa loita, o que comporta un claro balance negativo contra a crise climática e a perda de biodiversidade».

O Goberno galego conxelou instrumentos de protección natural para favorecer o negocio das eléctricas. O negocio non pode primar sobre o interese xeral e a Xunta non pode seguir a traballar para o oligopolio.” -declarou ao respecto o portavoz nacional de Anova Antón Sánchez-.

Antón Sánchez rexeita a desprotección do territorio ao que Galiza se ve sometida polas políticas do Goberno Feijóo en materia eólica / Anova

«O que non pode ser é que, co suposto obxetivo da loita contra o cambio climático, se agredan espazos fundamentais na captura de CO2, na conservación da biodiversidade e o funcionamento do ciclo hídrico. É un contrasentido» -subliñou-.

RECTIFICACIÓN DAS POLÍTICAS DE DESENVOLVEMENTO EÓLICO

Por estes motivos, Anova demanda a rectificación destas políticas de desenvolvemento eólico da Xunta «para que se poña no centro a conservación da biodiversidade como garantía dun huturo limpo, digno, equilibrado e de respecto polo medio».

“Antes da implantación de todos estes parques eólicos tería que haber planificación e terían que estar aprobados e aplicados todos os instrumentos que son condición mínima e imprescindible para un desenvolvemento eólico sustentable; un novo Plan Sectorial Eólico que pase unha avaliación ambiental estatéxica, a ampliación da Rede Natura e unha correcta catalogación dos espazos naturais e patrimoniais a preservar” -concluiu Antón Sánchez-.

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

Maestra Meloni

El manual de mascaradas y mentiras que la extrema derecha quiere copiar EL LABORATORIO POSFASCISTA…

2 semanas hace

NACIONAL | Huelga contra Ayuso: universidad en lucha

Una comunidad académica agotada planta cara al desmantelamiento lento, metódico y perfectamente calculado LA UNIVERSIDAD…

2 semanas hace

NACIONAL | Juan Carlos I pide perdón desde el desierto: memoria selectiva, impunidad heredada

El emérito reaparece en la televisión francesa para blanquear medio siglo de privilegios y cerrar,…

2 semanas hace

Alemania vuelve a armar a Israel

El Gobierno alemán habla de estabilizar Gaza mientras alimenta la maquinaria que la destruye. LA…

2 semanas hace

NACIONAL | ‘Anotop’ y el derrumbe de un liderazgo de Feijóo que nunca despegó

Cuando un lapsus deja al desnudo no solo a un político, sino a un proyecto…

2 semanas hace

Perdonavidas Trump

Cuando Trump dice salvar vidas, tiemblan los pueblos que ya han probado su idea de…

2 semanas hace