Candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE

Intervención no Pleno 28/02/2019:

Como pai dun neno e unha nena, os quero iguais, cos mesmos dereitos.

Non quero que ningún político, ningún relixioso, ningún home, crease con dereito a decidir pola miña filla, a decidir sobre o seu corpo, sobre a súa vida. Non quero que saia a rúa con medo.


Fai pouco dicía o novo líder da ultradereita española  Pablo Casado, sobre as embarazadas: «Creo que es bueno que las mujeres sepan lo que llevan dentro». Vai ser que o famoso master era de xinecoloxía e obstetricia.

Defenden agora  unha «lei de apoio a maternidade». Que eu chamaría de «partos patrioticos».

A defenden os mesmos que coas súas reformas laborais fan imposible a conciliación familiar, que permiten salarios de miseria e que os servizos básicos sexan un luxo.

E veñen agora dando solucións en branco e negro, e querendo decidir como naqueles escuros tempos sobre o corpo e a vida das mulleres.

A folga feminista é ante todo unha convocatoria que denuncia ás desigualdades, as discriminacións e as violencias estruturais que sofre máis da metade da poboación mundial, as mulleres, pero tamén de reivindicación dun novo modelo social, xusto, democrático e igualitario.

Porque o feminismo é un movemento que loita pola igualdade de todas e todos.

Non é unha folga de comunistas, nin de radicais da esquerda, como pretenden dende a dereita, é unha folga de mulleres que loitan polos seus dereitos, que loitan pola igualdade.

Sen dubida a folga feminista é tamén unha resposta a un sistema baseado na desigualdade.

En todo o mundo, as mulleres gañan só entre o 60 e o 75 por cento do salario dos homes en traballo similares. A longo prazo, esta fenda salarial afecta ás súas pensións.

Na Galiza a fenda salarial entre mulleres e homes sitúase nun 30%. Esta é a porcentaxe na que debemos incrementar os ingresos medios das mulleres para igualar o dos homes e conseguir equiparación retributiva.

·         As mulleres están desprotexidas fronte ás agresións sexuais e as violacións; dende 2016 cometéronse 89 agresións sexuais múltiples no Estado Español.

·         A folga é unha resposta aos continuos asasinatos de mulleres pola violencia machista.

·        É unha resposta a notoria expansión que está adquirindo o debate e a demanda dos ventres/úteros de aluguer, non o esquezamos, que son as mulleres empobrecidas quenes vense obrigadas a esta forma de explotación. Os ventres de aluguer serán os das fillas das traballadoras e traballadores, non das fillas dos millonarios.

·         É unha resposta ao drama das miles e miles de mulleres e nenas  traficadas para consumo sexual.

·         É unha resposta de apoio as mulleres migrantes que sofren maiores violencias no proceso migratorio e discriminacións xenófobas e racistas.

O 8 de Marzo as mulleres participarán nunha folga histórica, será unha demostración de forza como primeiro paso a mudar o mundo.

Máis tamén serán estas mesmas mulleres as sepultureiras da ultradereita, dos que poñen en entretido os dereitos xa conquistados, dos que pretenden devolvernos a catacumba do pensamento.

A FOLGA FEMINISTA, É A FOLGA POLA IGUALDADE.

Vídeo Recomendado:

Deja un comentario