André Abeledo amosa o apoio total de NARÓN POR DIANTE e EU NARÓN as familias de Pedroso que reclaman a reapertura da súa escola para o próximo curso, xa que volve a haber alumnos suficientes.
Consideramos que a actitude da Xunta da Galiza é vergoñenta, por unha banda din traballar polo rural e queren que deixe de perder poboación e por outra continúan a desmantelalo de servizos básicos, dun servizo tan fundamental como son as escolas.
Ademais a Xunta volveu a mentir a veciñanza. Lembremos que cando a Xunta pechou o pasado ano a unidade de infantil de Pedroso ao non contar con matrículas suficientes, por causa de que a Xunta negou a posibilidade de implantar temporalmente o primeiro curso de primaria para poder evitar o peche. A Xunta mentiu porque dende Educación comprometéronse a reapertura do centro no caso de que volvera a ter alumnos suficientes para cumprir o ratio, algo que nestes momentos xa é unha realidade.
O director Xeral de Centros, José Manuel Pinal, tamén permitiuse o luxo de mentir en sede parlamentaria ao suxerir que a escola de Sedes non cumpría agora cos ratios mínimos, cando dita escola conta con 8 alumnos, e dito ratio esta en 5.
André Abeledo lembra que dende EU Narón sempre defendemos a necesidade de manter abertas todas as escolas rurais, o ratio de alumnos por aula non debería ser o principal criterio para decidir si unha escola debe manterse aberta.
A escola é un servizo público fundamental para estruturar esa comunidade territorial.
Abeledo defende que é sempre un autentico drama o peche de calquera escola por motivos económicos ou políticos.
A perdida de poboación no rural galego ten que ser atallada con inversión dende a xunta de Galicia tratando de dar os mesmos servicios os veciños do rural que aos da zona urbana.
Entendemos que o numero de alumnos non pode ser o único baremos para decidir o peche dunha escola.
Defendemos que deben buscarse novas ferramentas para evitar o peche das escolas e que ten que darse un “tempo de corentena” antes de tomar a drásticas decisión dun peche definitivo, posto que unha vez pechada a escola non se vai volver a abrir aínda que no seguinte ano puidese ter alumnos suficientes.
A escola é un servizo público fundamental para estruturar esa comunidade territorial.
É necesario desenvolver unha acción divulgativa para revalorizar a imaxe da escola rural para combater a escasa matriculación, financiando os medios necesarios para informar das bonanzas do proxecto educativo dunha escola rural, non masificada, e nun contorno natural.
Os nenos do rural deben ter dereito a educarse no seu entorno, ademais parécenos indiscutible que baixar o numero por nenos por aula nas escolas vai a repercutir directamente na calidade do ensino.