PSdeG, BNG e Podemos mostran públicamente a súa solidariedade coa comunidade educativa de Sarria en defensa dunha escola pública digna e acorde coas necesidades da poboación.

Dende a constitución do colectivo nun acto público celebrado o pasado 6 de febreiro no Concello de Sarria, non paran de chegar apoios as reivindicacións de familias e docentes no que respecta á seguridade e dignidade para todas as nenas e nenos do colexio Frei Luís de Granada.

Baixo os hastags #EnsinoDeCalidade e #CosNososFillosNonXogaFeijóo dende o PSdeG de Sarria manifestan que a formación «axudará e colaborará en todo o que esta recén creada plataforma precise» e ademáis «formará parte dela» e «poñerá ao seu dispor toda a súa infraestrutura local e comarcal». A deputada autonómica e secretaria provincial do partido, Patricia Otero, tamén mostrou o seu apoio ao grupo, emplazando ao presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo e ao PP na Xunta a escoitar as súas demandas.

Dende o BNG de Sarria, que ven de levar o tema ao pleno municipal e leva implicado na resolución deste conflito social dende os seus inicios, tanto Efrén Castro coma a deputada autonómica Olalla Rodil manifestaron públicamente o seu apoio a todas as mobilizacións e reivindicacións da comunidade educativa mentres non se normalice a situación na que se atopa centro educativo.
Pola súa banda, Podemos Sarria respalda de igual xeito todas as actuacións dos implicados e ponse a súa disposición, recordando nas súas redes sociais que «Balseiro e Feijóo aínda non saben que enfronte teñen o futuro dos seus fillos», que «esta batalla gañarémola na rúa e nas institucións» polo que compre non dar «nin un paso atrás» na defensa do ensino público.
