A deputada de En Marea, Paula Vázquez Verao, trasladou a comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia o acordo aprobado por unanimidade do Concello da Estrada a proposta do grupo municipal Móvete na que se reclama á Xunta unha residencia de atención a persoas maiores, de xestión pública, que dea servizo tanto ao Concello como a toda a comarca. Unha petición que ven ademais apoiada por 1.500 sinaturas da veciñanza estradense.

Na súa intervención a deputada de En Marea salientou que este Concello dispón dunha residencia de atención á terceira idade con 40 prazas para persoas con autonomía. En Galicia ademais hai unha lista de agarda que oscila nos últimos anos entre 1.500 e 2.000 prazas pese a ter residencias con prazas vacantes. O índice de cobertura das prazas de residencias é moi inferior ao do resto do Estado, sendo de 3,2 o rateo de prazas residenciais por cada 100 persoas fronte ao 4,3 da media do Estado. Neste eido, afóndase así nun modelo privatizador que queda demostrado no feito de que Galicia é a comunidade autónoma con maior porcentaxe de prazas privadas, un 67 por cento son privadas, cando no conxunto do Estado as prazas públicas pasan do 50 por cento. O coste medio tamén supera nun 8 por cento fronte a unha praza pública xestionada directamente.

Nun Concello como o da Estrada con 20.700 habitantes dos que o 27 por cento teñen máis de 65 anos e cunha taxa de avellentamento que supera a media galega, mentres a taxa de fertilidade está en 1,21 fillos e fillas por muller.

O alcalde da Estrada fixo declaracións en relación á posta a disposición dun terreo municipal para a construción dunha residencia por parte dunha empresa privada, engadindo que considera que é suficiente que esta conte cunha porcentaxe reservada de prazas concertadas, poñendo en cuestión a xestión pública.

Por todo isto, En Marea presentou unha proposición non de Lei para o seu debate na Comisión de Sanidade na que se insta ao Goberno galego estudar, antes de final de ano 2018, as necesidades presentes e futuras de prazas públicas en residencias da terceira idade no Concello da Estrada e na Comarca de Tabeirós-Terra de Montes, incluíndo a posibilidade de que utilizar instalacións públicas existentes, para acoller unha nova residencia.

Así mesmo, iniciar, antes de 2020, co compromiso da Xunta de Galicia, a dotación de prazas públicas suficientes en residencias da terceira idade para persoas dependentes para acoller a demanda presente e futura na Estrada e na comarca de Tabeirós-Terra de Montes, comprometéndose coa petición unánime do Concello da Estrada da necesidade dunha residencia pública no municipio.

DEJA UNA RESPUESTA