As actuacións da promotora da mina de Touro deixan sen auga a aldea de A Santaia

0
54

Encontro

  • A veciñanza empregaba as augas do río Ameneiro-Lamas para regadío de cultivos e hortas e abastecemento do gando e dun lavadoiro público. Na actualidade este río está gravemente contaminado polo depósito de residuos da mina que desbordan á ribeira.

  • A veciñanza de A Santaia viuse na obriga de desviar o caudal do Ameneiro-Lamas fóra da aldea para salvar da contaminación os seus cultivos e terreos.

O río Ameneiro-Lamas, tributario do Lañas e Ulla, ten o seu nacemento en terreos que non foron afectados durante a explotación mineira por Río Tinto, e que curiosamente foron contaminados agora polo depósito de materiais contaminantes, segundo documenta a asociación Aldea Viva.

Aldea Viva cursou denuncia á Consellería de Medio Ambiente solicitando o inicio dun procedemento de responsabilidade medioambiental ao abeiro da Lei 26/2007 contra o propietario da mina, Explotaciones Gallegas S.L., habida conta da relación de causalidade entre a contaminación deste río e as actuacións que o propietario realizou nos terreos mineiros para a creación de accesos ao futuro polígono empresarial, movementos de terras e incluso de materiais da balsa de lodos do proceso mineiro.

Aldea Viva descoñece qué proxectos de obras e autorizacións en zonas contaminadas ampararon semellante desfeita e se o concello de Touro tomou conta das actuacións e das consecuencias, dándose unha evidente falla de implementación de medidas de prevención, evitación e reparación.

Currículum dudoso da máxima accionista de Cobre San Rafael

Neste ano Explotaciones Gallegas ten incoados xa dous expedientes sancionadores por vertidos ao dominio público e afectación à calidade das augas, a instancia de denuncias de Aldea Viva. A asociación lamenta que teñan que ser os colectivos e veciñanza quen estean a actuar ante o desleixo das administracións e advírtelle ao goberno autonómico que de permitir a apertura da mina estaría deixando o futuro de Galicia nas mans dunha empresa que leva anos demostrando que non é capaz de garantir as condicións mínimas ambientais, de seguridade e mesmo de saúde pública, polo que en aplicación do principio de cautela, non debe autorizar o proxecto mineiro en tramitación..

Suscríbete al boletín gratuito de Contrainformación y únete a los otros 814 suscriptores.

Suscríbete al boletín gratuito de Contrainformación y únete a los otros 814 suscriptores.

Dejar respuesta