As mulleres do Movemento Galego en Defensa das pensións públicas, pertencentes a Coordinadora Estatal en Defensa del Sistema Público de Pensións (COESPE), dan a coñecer o Informe “A pobreza ten cara de muller”, informe-reivindicación que será presentado aos diferentes partidos políticos mediante o seu rexistro en diferentes institucións tanto locais, como autonómicas, como estatais.
Reinvindicamos que estando no século XXI, os recortes en sanidade, servizos sociais, educación, e dependencia que levan a cabo os diferentes gobernos, non poden seguir recaendo nas costas das mulleres.
As mulleres seguimos realizando as tarefas domésticas e senón os sustituimos pola contratación do servizo doméstico que tamén se leva a cabo por un 95% mulleres, e que como traballadoras se nos nega o recoñecemento do traballo no Estatuto dos Traballadores e na Constitucion Española, desoíndose así tamén o art da OIT.
Levamos a cabo as tarefas de coidados e de conciliación, facéndonos cargo de todas esas responsabilidades para cubrir as necesidades básicas da vida, renunciando a vidas laborais longas, a proxectos e desexos profesionais. Mudamos o noso ben polo ben dos que coidamos e criamos, e logo eses gobernos que deberían recoñecer o noso traballo desenrolado, penalízanos castigándonos coas prestacións máis baixas do sistema, levándonos a unha precarización crecente.
Soamente podemos acceder a un mercado laboral precarizado de contratos basura, temporalidade, xornadas parciais e mal pagados, a fenda salarial xa se sitúa nun 23% por igual traballo, traballando “gratuitamente” 54 días ao ano .
Ésta situación non só nos repercute no presente senón que nos persigue o resto da nosa vida, se cotizamos pouco e mal , non temos dereitos a prestacións ( desemprego, subsidios) e si accedemos a eles son por cuantías de subsistencia, a medida que vamos madurando as prestacións de incapacidade e xubilación as que podemos acceder dinnos que teñen na actualidade unha fenda dun 35.97%.
Na actualidade mais de 1.5 millóns de mulleres en España perciben pensións por baixo dos 500 euros, sendo Galiza a penúltima, pola cola, comunicade con maior pobreza feminina. Un millón de mulleres de máis de 65 anos carecen de pensión e viven das migaxas das pensións dos seus maridos. Tres de cada catro mulleres só poden acceder a unha pensión non contributiva. Aínda que vivimos unha media de 5 anos máis que os homes, o facemos en peores condicións de saude e con maiores posibilidades de acabar coma dependentes, pero imposibilitadas a hora de acceder a centros de maiores ou a medicamentos sanitarios gratuitos, levándonos así a vivir soas, sen atención e nuns niveis de pobreza moi considerables. BASTA XA
Esto tamén é desigualdade, esto tamén é violencia, esta é a VIOLENCIA ECONÓMICA que o sistema fai recaer sobre as mulleres.
Por elo todas as mulleres, pertencentes a Coordinadora Estatal en defensa das pensións, faremos oir a nosa voz éstos días ata o 8 de Marzo, informando en mesas informativas, charlas–debate, onde daremos a coñecer a situación que vivimos e as saídas que se deben levar a cabo, para que a incorporación da muller o mercado laboral sexa xusta e igualitaria, e que a vellez ou a invalidez non se convirtan nunha situación de precarización e pobreza.
É o Estado o que ten a responsabilidade de garantir o dereito para coidar, ser coidado e autocuidarse a través de políticas específicas.