xoves 18 de outubro de 2018

Asinado o convenio do comercio téxtil da provincia de Ourense

O texto foi ratificado polo sindicato maioritario, CCOO, así como por UGT e CIG

Comisións Obreiras, sindicato maioritario no sector, anuncia o asinamento do convenio colectivo do comercio téxtil da provincia de Ourense, o que dá solución a un bloqueo que databa do 2010. CCOO salienta que grazas ao novo convenio remata a conxelación salarial, ao tempo que se actualizan algúns puntos que estaban obsoletos.

Fotografía de arquivo dunha mobilización do persoal do sector

É un convenio asinado para o que queda deste ano 2018 e o ano 2019, polo que CCOO o cualifica «de transición», pois a fin do bloqueo permitirá comezar a planificar o futuro inmediato.
A seguir indícanse algunhas das principais melloras:
— Incremento salarial do 6 % en 2018 e do 2 % en 2019
— A nocturnidade págase un 30 % máis entre as 22 horas e as 6 horas.
— Traballo en domingos e festivos: compensación de oito horas por cada sete traballadas.
— Equiparación salarial entre as categorías de encargado/a e dependente/a maior.
— 17 días de vacacións para gozar entre o 15 de xuño e o 30 de setembro, que non poderán en ningún caso comezar en domingo ou festivo. En caso de incapacidade temporal, regulación para gozalas posteriormente.
— O persoal fixo será un mínimo do 70 % en centros de máis de doce traballadoras/es ao cabo de tres anos.
— Incremento de días no apartado segundo das licenzas, equiparación das parellas de feito cos matrimonios e incremento dos días de lactación.
Para máis información sobre o acordo, CCOO recomenda acudir aos locais do sindicato.

Asinado o convenio do comercio téxtil da provincia de Ourense

xoves 18 de outubro de 2018

Nome do destinatario:

Correo electrónico:

Nome do remitente:

Correo electrónico:

Recomendar

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade

O teu sindicato - Unións Territoriais - Ourense Valdeorras - Actualidade

Necesitamos tu ayuda para seguir adelante con el periodismo crítico, ayúdanos a no tener que depender de publicidad externa y que Contrainformación sea solo de sus lectores. Con 1, 2, o 3 euros al mes nos ayudarás a seguir mostrándote nuestros artículos críticos.

Ayúdanos a seguir ofreciendo Contrainformación.

Deja un comentario