A multinacional con sede en Chipre, Atalaya Mining, tenta camuflar a realidade publicitando crecentes expectativas de producion de cobre na mina de Riotinto (Huelva), imposibles de acometer. E para iso utiliza un reciente informe financeiro que fixo público a traves da sua paxina web.

Pero as cousas non lle marchan ben ámineira, e os seus investidores estan a darse conta.

No ultimo mes as accions de a empresa caeron en picado, ata un 35%, o que indica que perdeu todo o ganado desde xaneiro. Mentres o prezo do cobre e as accions de outras mineiras mantenense mais ou menos estables, Atalaya Mining parece perder o rumbo.

Moitos poden ser os factores que levaron a mineira a este desastre. En setembro, unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucia (TSXA) anulaba a autorizacion ambiental da mina de Riotinto (Huelva), estimando a demanda de Ecoloxistas en Acción, que demostrou a vulneracion das obrigacions de informacion e os dereitos de participacion cidada previstos legalmente.

Atalaya Mining, e os seus accionistas, saben que esa sentenza fará caer como fichas de dominó as demais autorizacións desa mina andaluza. De feito, o TSXA xa deixou visto para unha nova sentenza o proceso xudicial que moi probablemente culminará coa nulidade e paralizacion da autorizacion que permitiu o reinicio desa explotacion en 2015, ata que cumpran con todas as suas obrigacions ambientais e de seguridade mineira.

Atalaya tamen sabe, e os seus accionistas tamen, que resulta imposible a ampliacion de explotacion e producion que pretenden en Huelva, sen abordar un macromillonario investimento que modifique radicalmente o sistema de xestion dos seus residuos. Neste momento as balsas de lodos de Riotinto estan ao bordo da saturacion e a tempada de choivas -que xa empezou en Andalucia- poneraas novamente en serio risco de rotura. A solucion de recrecemento de muros nas balsas que pretende Atalaya Mining -tal como fixo Boliden na mina de Aznalcóllar fai duas decadas- éinviable ambientalmente e conducirá inexorablemente a un novo desastre mineiro.

Outra sentenza, a do caso Astor, complica ainda mais a situacion da empresa, ao confirmarse a resolucion de marzo de 2017 pola que Atalaya Mining debe devolver a Astor Management calquera exceso de efectivo xerado, ainda que non de inmediato. Desde que se coneceu esta sentenza, a pesar de un pequeno aumento no prezo do cobre, as accións de Atalaya caeron. Astor pretende recorrer a sentenza para reclamar 15,9 millóns ámultinacional chipriota.

Tampouco parece tranquilizar a os investidores a noticia da procura de comprador para Atalaya Mining, a traves do banco canadense de investimentos Bank of Montreal, sobre a que a empresa manifestou estar a avaliar as opcións estratexicas da compañía.

Respecto ao Proxecto Touro, a situación tampouco mellora para a empresa, aínda que no seu informe financeiro pretenda dar a entender que a aprobación do proxecto esta ao caer, ao haber rematado a fase de información pública do procedemento.

Pero a realidade éque o recente informe de ICOMOS, no que alerta do grave risco que a mina supoñería para o Camiño de Santiago, podendo chegar a ser excluído da Lista de Bens Patrimonio de a Humanidade da UNESCO, non parece presaxiar un futuro moi halagüeño para a mineira en Galicia.

Podes descargar aquí o informe completo de ICOMOS España.

Con todo, e a xulgar polo anuncio de expansión de Atalaya en Riotinto, todo parece indicar que, no hipotetico caso de que a Xunta de Galicia dese luz verde ao proxecto de Touro e O Pino, a intención da empresa de explorar a superficie de 122 quilómetros cadrados (que logo pasaron a ser 153) de todas as concesións de exploración que rodean a mina de Touro, como afirmaba o Conselleiro Delegado, Alberto Lavandeira, poida levar a cabo, polo que sí se trataría dun proxecto fragmentado, o que vén dar a razón a quen advirteu desde un principio das intencións da mineira de explotar moito máis do proxectado inicialmente.

La situación actual de Atalaya Mining, sen rumbo e á deriva, non ofrece ningunha garantía, pero maior inseguridade deben ter quen teñen a responsabilidade de aprobar ou denegar este proxecto, xa que unha empresa con tal inestabilidade difícilmente ofrece garantías e moito menos no caso de ter que facer fronte a posibles indemnizacións por accidentes ou destrucións patrimoniais, de valor incalculable, como asegura ICOMOS no seu informe ás portas do próximo ano Xacobeo 2021, ou como recentemente coñecemos tamén de situacións que se poden reproducir igual que en Monte Neme, en “búsqueda e captura” para cobrar as sancións impostas por abandono de zonas mineiras contaminadas, ou ¿queremos que suceda o mesmo en Touro, queremos que siga sucedendo en Huelva? ¿Estamos os cidadáns e cidadás dispostas a seguir pagando as sancións que estas empresas cometen e non asumen?