Categorías: Comunicados

Atalaya Riotinto e a mina de Touro, unha parella de risco que a sociedade galega nin pode nin debe permitir

A Plataforma veciñal Cornado Mina Non recorda que a multinacional chipriota Atalaya Mining ten un longo pasado de incumprimentos e sancións no seu proxecto andaluz de Riotinto, o que demostra que as súas maneiras están ben lonxe de ser as que “venden” publicitariamente para operar a nivel galego.

Contaminación do río Lañas provocada pola mina de Touro / Cornado Mina Non

Neste senso, a evolución da empresa daría para unha novela -de terror-, comenzando pola condena e ingreso en prisión en novembro de 2020 do exdirector das minas de Riotinto -Carlos Ruiz Estévez de Castañeda- por apropiación indebida de máis de 650.000 euros que a empresa matriz Emed Mining -actualmente Atalaya Mining- aportou para financiar o proxecto.

Xa en 2017, a Fiscalía actuou de oficio presentando denuncia contra Atalaya Mining en Riotinto por un delito de “contaminación atmosférica con grave risco para a saúde das persoas”, logo de detectarse múltiples incumprimentos na autorización ambiental unificada (AAU) pola emisión incontrolada de nubes de pó, que durante a primaveira e verán do 2016 alertaron e prexudicaron ás poboacións conlindantes, según demostrou o Instituto Nacional de Toxicología, que indicou a superación dos límites de partículas ademáis dos valores medios de cobre, zinc e arsénico, superando ata dez veces os valores promedio, o que lle valeu un expediente sancionador por parte da Junta de Andalucía de 105.000 euros.

A BOMBA DE RELOXERÍA DE RIOTINTO

Doutra banda, o “exemplo” de Riotinto nos fala que segundo os expertos, no caso dunha rotura das súas balsas -tal e como expuxo o estudo da compañía Ayesa que en 2014 evaluou os riscos da súa reapertura-, o aluvión de lodos tóxicos podería alcanzar un caudal máximo de 34.716 metros por segundo e os residuos chegarían a percorrer 111 quilómetros ata chegar ao mar arrasando ao seu paso tres municipios da bacia do río Odiel -Gibraleón, Palos de la Frontera e Punta Umbría- e mesmo dous barrios da cidade de Huelva.

Comparativamente, se a catástrofe de Aznalcóllar supuxo en 1998 a vertedura de seis millóns de metros cúbidos de lamas contaminantes, Riotinto vertería ata dez veces maís, alcanzando os 63 millóns de metros cúbicos.

ALTA SINIESTRALIDADE NA OPERACIÓN MINEIRA DE RIOTINTO

Por outra parte, está a alta siniestralidade rexistrada no proxecto de Atalaya Riotinto denunciado en reiteradas ocasións polos equipos de saúde laboral de CC.OO. e outros sindicatos, o último, o pasado mes de agosto na corta mineira de Cerro Colorado, no que un traballador rematou na UCI do Hospital Comarcal de Huelva, botando por terra a publicidade da mineira e as súas “certificacións” e “premios” internacionais de seguridade no traballo.

A SOCIEDADE GALEGA NIN PODE NIN DEBE PERMITIR A REAPERTURA DA MINA DE TOURO

En definitiva, estas son as circunstancias nas que Alberto Lavandeira, CEO de Atalaya Mining fala á sociedade galega do “mellor proxecto industrial-mineiro de Europa”, “sen riscos de contaminación nin verteduras” apelando á “minería responsable”, á “minería sostible” e á “filosofía de vertedura cero”, que sen embargo na práctica e á vista da realidade da súa empresa transfórmase en “cero credibilidade”, ao presentar esta un plantexamento inicial que camufla as verdadeiras intencións da mineira coa explotación dunha superficie que pode chegar a superar os 150 quilómetros cuadrados nun caso evidente de fragmentación dun macroproxecto, algo para o que non ten nin terá licencia social.

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

El aeropuerto ya no es solo una sala de espera

Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…

3 semanas hace

NACIONAL | Zapatero: indicios serios, pruebas incompletas y una derecha oliendo sangre

El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…

3 semanas hace

NACIONAL | Rufián desafía a Junqueras y se ofrece para liderar una izquierda unida

El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…

3 semanas hace

Ben Gvir convierte el secuestro de la flotilla en un espectáculo de humillación y abre una grieta en Israel

El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…

3 semanas hace

NACIONAL | Ayuso intenta frenar la regularización de migrantes con bulos sobre sanidad, ayudas y “colapso” social

La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…

3 semanas hace

Von der Leyen vuelve a arrodillarse ante Trump y la UE acepta un pacto comercial humillante

Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…

3 semanas hace