Categorías: Galiza

BNG acada a o apoio da Cámara galega para garantir o dereito a interromper o embarazo na Sanidade Pública coa máxima calidade asistencial

A deputada do BNG, Olalla Rodil  defendeu unha proposición non de lei para “garantir o dereito a interromper o embarazo na sanidade pública” cos medios materiais e humanos necesarios, á marxe da existencia de profesionais obxectores de conciencia.

A deputada do Partido popular,  Marta Rodríguez Vispo e o grupo socialista  anunciaron seu o voto favorable á proposición defendida pola deputada do BNG que anunciou a presentación de novas iniciativas para fiscalizar o cumprimento do acordado na Cámara galega.

Na súa intervención Rodil explicou que na actualidade, unha muller que decida interromper o seu embarazo e tras informar ao centro de saúde da súa decisión, debe agardar tres días por se decide o contrario e  no suposto  de continuar co proceso é derivada a unha clínica privada directamente.

Por outra banda, a deputada responsabilizou á Xunta e á alta inspección do Ministerio de Sanidade de incorrer “en irregularidades” á hora de tramitar as obxeccións de conciencia dos profesionais, segundo a Lei Orgánica do ano 2010. A Lei de Saúde sexual, reprodutiva y de la interrupción voluntaria do embarazo e libre até a semana 14 no Estado español,  lei que substituía a anterior  do 85 coñecida coma a “lei de supostos” que despenalizaba o aborto nos casos de risco para a nai, risco para o feto e violación. Por certo, dixo, “lei que á que o PP quere que volvamos.

7 de cada 10 abortos na sanidade privada

En Galiza, no ano 2020 producíronse “2.490 abortos” na súa maioría, o 91,7% “en centros extrahospitalarios, 2.285 dos que 1.868 realizados na sanidade privada, é dicir, “7 de cada 10 abortos practicados en Galiza foron na sanidade privada”.

A deputada do BNG lembrou que en anos anteriores como no 2009 antes da aprobación da lei de prazos, foron realizados 3.208 abortos, na súa  maioría antes da 8ª semana de xestación. 1.874  en centros privados (58%); 462 en centros públicos e 872 na categoría “otros” aínda que non se especifica o termo  “otros” é moi probable que foran en  Londres, ou clínicas clandestinas.

A  lei de prazos aprobada en 2010 tiña un duplo obxectivo: “despenalizar o aborto e garantilo como dereito das mulleres sen máis límite á súa invocación que a libre (e informada) vontade delas até a semana 14 e  garantir o exercicio do dereito ao aborto  de maneira gratuíta, en condicións de igualdade e coa máxima calidade asistencial a través da rede sanitaria pública para o conxunto das mulleres”.

Rodil preguntou porqué despois de dez anos de seren aprobada a lei, son  “as clínicas privadas, as que levan a cabo a práctica totalidade dos abortos en Galiza mentres que  en Baleares este dereito está garantido na sanidade pública con máis da metade de IVEs seguido de Catalunya co 49%. Supostamente, respondeu, débese a  obxección de conciencia das e dos profesionais que se negan a practicar un aborto apelando a un conflito ético e/ou moral. Un  conflito que obedece aos  seus sentimentos e crenzas, fundamentalmente relixiosas, en opinión da deputada. A obxección está contemplada na Lei e mesmo protexe ao persoal  de farmacias para negarse a vender a píldora do día despois apelando á protección da “liberdade ideolóxica”. E este é o panorama actual, “hai  farmacias que se negan a vender preservativos por razóns ideolóxicas”.

En todo caso, redundou o que é evidente é que a obxección de conciencia non pode supor un impedimento para o exercicio do dereito ao aborto na rede sanitaria pública e  sabemos que non é só a obxección de conciencia o que impide o exercicio deste dereito na pública. Hai máis factores que aínda fan máis responsábel á propia administración, neste caso, á Xunta de Galiza como “a falta de recursos humanos e materiais nos Centros de Orientación Familiar e  hospitais”.

Esa falta de persoal fai, por exemplo, que a sanidade pública só asuma os abortos dentro das 8 primeiras semanas de xestación só se son farmacolóxicos máis se as mulleres deciden optar por un aborto por aspiración (sedación, asistencia médica) son inmediatamente derivadas a unha clínica privada porque non se practican na maioría dos centros públicos. “Non hai persoal nin medios materiais para facelo” recalcou a deptutada.

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

Armando del Río sobre Toni Cantó: «Vamos, que ya era tonto antes de hacerse de derechas…»

El actor se ha pronunciado sobre el que fue su compañero durante una temporada de…

6 horas hace

El Consejo de Ministros aprueba hoy la ley del aborto sin acuerdo en la «tasa rosa» y la gestación subrogada

La norma no incluirá finalmente la prometida rebaja del IVA para los productos de higiene…

7 horas hace

Jake Daniels, el primer futbolista que admite ser gay en Reino Unido en 32 años

El último profesional británico en hacer pública su homosexualidad fue Justin Fashanu en 1990

8 horas hace

La brillante réplica de Errejón a Guillermo Díaz cuando le acusa de no querer trabajar

El diputado de Cs ha asegurado que si el líder de Más País pudiese "se…

9 horas hace

Vídeo | Julio Anguita y los señoritos andaluces

Se cumplen dos años del fallecimiento del gran Julio Anguita. Cuánto se le echa de…

10 horas hace

Vídeo | Olona y el cuento de Vox

Macarena Olona, candidata del partido de extrema derecha VOX a la Presidencia de Andalucía y…

10 horas hace