A portavoz de cultura do BNG, Mercedes Queixas criticou o “desleixo” da Dirección de Patrimonio Cultural coas embarcacións tradicionais e barcos históricos sobre os que nin tan sequera existe un “censo”.
A proposición non de lei para elaborar o censo e lograr medidas fiscais para o ano 2023 coa bonificación das taxas portuarias, foi rexeitada polo grupo do Partido popular.
Na súa intervención, Mercedes Queixas definiu a carpintería de ribeira como figura no Decreto do 2019 para a súa declaración BIC, “as embarcacións son a extensión das persoas na auga. Ademais da súa ferramenta de traballo, a embarcación é a imaxe e o símbolo da súa vida e da súa comunidade”.
A nacionalista recalcou que a “cultura marítima reside no ADN do pobo galego, está presente na cultura material e inmaterial, desde a literatura oral e a música e canción tradicional e parte desta riqueza cultural marítima que reside na diversidade das embarcacións tradicionais conservada grazas ao esforzo de particulares e colectivos, propietarios das embarcacións, e ás técnicas de mantemento e conservación propias do saber dos mestres carpinteiros de ribeira, que as fan accesíbeis á sociedade nas mariñas que podemos ver nos portos galegos de: Bouzas, Muros, Combarro, Portonovo, IIla de Arousa, O Grove, Sada…
CULTURMAR, máis de 20 anos coidando a cultura marítima e fluvial
Neste sentido, destacou o labor aglutinador e cohesionador, que desde hai máis de 20 anos desenvolve a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar), con 43 entidades.
O traballo activo de Culturmal, xunto coa Asociación galega de carpintaría de Ribeira (AGALCARI), explicou a deputada, xera un valor engadido á nosa tradición cultural marítima, garantindo a súa vitalidade e vixencia.
“A súa actividade asume un papel fundamental no reforzo da identidade local, da historia propia e común convivencial cos espazos marítimos, na promoción de recursos económicos alternativos desde o desenvolvemento sustentábel que fagan viábel a súa continuidade”.
Un censo pendente tras dous anos da declaración BIC
Por outra parte, indicou que a función do censo é “documentar e difundir os valores culturais das técnicas construtivas da carpintaría de ribeira … e para protexer a súa salvagarda serán obxecto das exencións e bonificacións previstas na lexislación vixente en materia de navegación marítima e portos dependentes da comunidade autónoma”.
A publicación no DOG do Decreto 52/2019, recalcou Queixas, daba a entender que a creación do tan necesario censo de embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galiza estaba a chegar, pero “2 anos despois da declaración BIC, este aínda segue pendente”.
Esta situación obriga a particulares e colectivos a blindar pola súa conta o mantemento e protección das embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galiza, unha situación que mesmo pode chegar a ser inviábel ao non poder asumir os custes dos amarres regulados desde Portos de Galiza.
O pago continuado de taxas de amarre sen bonificar pon en risco a pervivencia dos colectivos que están a protexer e manter este legado cultural inmaterial e parte da flota se está a estragar por non poder estar amarrada en boas condicións de mantemento e seguridade; hai portos onde están ameazados de desaloxo, como en Portonovo ou por verse obrigados a pagar con carácter retroactivo taxas dun período en que non gozaron de uso por demoras administrativas na tramitación da prórroga de usos.
“Non entendemos por que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural non ten aínda elaborado este censo, máxime cando Cultura xa ten elaborado un censo que entendemos que serviría de base para comezar e axilizar a xestión ante Portos de Galiza”.
A deputada preguntou se esta flota tradicional molesta a Portos de Galiza e por que a Dirección de Patrimonio cultural non elaborar un censo, tan necesario para solicitar a exención das taxas porque na propia comisión de orzamentos a conselleira recoñeceu que Portos de Galiza non pode tomar ningunha medida sen o censo.
El problema no es solo que la extrema derecha actúe con impunidad en las universidades,…
La defensa de Alberto González Amador reconoció haber compartido su confesión con la Abogacía del…
Una deportación sin pruebas basada en un tatuaje y un gesto de las manos El…
La apertura de diligencias por delito de odio contra Daniel Esteve, líder de Desokupa, nos…
«Debería haber pena de muerte para adolescentes que sostengan una pistola o una granada», señaló.…
El encarcelamiento de Imamoglu se convierte en un símbolo de resistencia política El alcalde de…