Categorías: Galiza

BNG participa nos actos da Diada de Catalunya como reforzo dos lazos co soberanismo catalán

Unha delegación do BNG, integrada polo secretario de Organización, Bieito Lobeira, pola coordinadora de Relacións Internacionais e portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e polo responsable de Relacións co Estado e director da Fundación Galiza Sempre, Rubén Cela, participa en Barcelona nos diferentes actos conmemorativos da Diada Nacional de Catalunya.

Con esta participación, o Bloque continúa reforzando os lazos de unión co movemento soberanista catalán e amosan o seu apoio ás distintas formacións soberanistas de esquerda -Esquerra e CUP- no dereito a decidir do Pobo catalán, como vén facendo desde hai anos, especialmente duros estes últimos pola represión, a cadea e o exilio para moitos representantes políticos.

Os actos do Día Nacional de Catalunya nos que participan Miranda, Lobeira e Cela deron comezo cunha ofrenda floral diante do monumento a Rafael Casanova e posteriormente contaron coa participación da delegación do BNG no encontro co resto de delegacións internacionais convidadas por Esquerra. Os actos previstos para hoxe complétanse coa manifestación convocada pola Assemblea Nacional de Catalunya (ANC), que percorrerá as principais rúas da capital catalá.

A delegación nacionalista tamén participa, este serán, nos actos organizados pola CUP e rematará a xornada nun acto no Parlament de Catalunya. Ademais, Miranda, Lobeira e Cela mantiveron un encontro cos membros da agrupación local do BNG de Catalunya que seguen participando na loita activa do Pobo catalán como exemplo do apoio do Bloque ao dereito de autodeterminación.

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

Maestra Meloni

El manual de mascaradas y mentiras que la extrema derecha quiere copiar EL LABORATORIO POSFASCISTA…

1 semana hace

NACIONAL | Huelga contra Ayuso: universidad en lucha

Una comunidad académica agotada planta cara al desmantelamiento lento, metódico y perfectamente calculado LA UNIVERSIDAD…

1 semana hace

NACIONAL | Juan Carlos I pide perdón desde el desierto: memoria selectiva, impunidad heredada

El emérito reaparece en la televisión francesa para blanquear medio siglo de privilegios y cerrar,…

1 semana hace

Alemania vuelve a armar a Israel

El Gobierno alemán habla de estabilizar Gaza mientras alimenta la maquinaria que la destruye. LA…

1 semana hace

NACIONAL | ‘Anotop’ y el derrumbe de un liderazgo de Feijóo que nunca despegó

Cuando un lapsus deja al desnudo no solo a un político, sino a un proyecto…

1 semana hace

Perdonavidas Trump

Cuando Trump dice salvar vidas, tiemblan los pueblos que ya han probado su idea de…

1 semana hace