Bloque Nacionalista Galego rexistra emenda aos Orzamentos do Estado de 2022 para asegurar que se materialice a intervención pública de Alcoa, en San Cibrao, e dar así solución a grave crise industrial, social e económica que atravesa a Mariña e o conxunto do País. Rego adianta que a solución só pode vir da man dunha actuación política decidida do Goberno para que a SEPI merque a fábrica, aínda que sexa de maneira temporal, asegurando os postos de traballo e a continuación da actividade futura da planta.
O Congreso aprobou unha iniciativa presentada polo BNG en que instaba o Goberno do Estado a iniciar, de fracasar as negociacións para a venta de Alcoa, a intervención pública co obxectivo de salvagardar os postos de traballo e asegurar o futuro do proxecto empresarial. Os meses transcorridos de negociacións infrutuosas e as distintas sentencias xudiciais que consideran probada a mala fe da empresa, poñen de manifesto que a intervención pública é a única opción. Debido precisamente a esta falta de avances, os traballadores e traballadoras de Alcoa San Cibrao manteñen una folga indefinida desde o 27 de setembro.
Para a formación nacionalista, o momento de levar a cabo esta actuación é agora. Por iso, rexistra unha emenda aos Orzamentos do Estado para que o Goberno do Estado actúe e dea solución a un dos grandes problemas que afronta o noso País: “a grave crise industrial, social e económica que padecemos coa ameaza de fechamento de moitas empresas e coa perda de postos de traballo”.
A emenda rexistrada busca a creación dunha partida específica cunha contía de 200 millóns de euros que garanta a intervención pública de Alcoa “porque para o BNG é evidente que a estas alturas a única solución realmente duradeira e de futuro é que a SEPI compre Alcoa aínda que sexa nunha operación ponte para despois pasala a un operador industrial que presente un proxecto fiábel, seguro e duradeiro”.
Este proxecto terá que garantir a continuidade da actividade e manter a totalidade dos postos de traballo “mesmo que se poidan crear novos postos de traballo”. “É realmente inconcibíbel que o Goberno español, o Ministerio de Industria, sabendo que é a única solución se resista a dar ese paso a esa intervención pública e que Alumina pase a ser parte da SEPI”.
“O BNG seguirá reclamando esa intervención e vai continuar traballando nesa dirección. Esta emenda de 200 millóns posibilita que isto poida ser así. Nós temos a expectativa de que o Goberno acabe entendendo que esta é a única solución e, polo tanto, os partidos que o conforman terán que apoiar esta emenda do Bloque Nacionalista Galego” conclúe Rego.
Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…
El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…
El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…
El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…
La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…
Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…