O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de rexistrar iniciativas para que o Goberno do Estado e, en concreto, o Ministerio Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana impulse a tramitación das obras de construción da A-74 na Mariña e licitar o proxecto o antes posíbel. A formación nacionalista apunta a necesidade da comarca de posuír vías de comunicación que conecten as diferentes poboacións referentes no campo económico e nos servizos públicos: os portos de San Cibrao, Burela, Celeiro e Ribadeo; o Hospital da Mariña localizado en Burela; ou mesmo a factoría de aluminio en San Cibrao.
Tras a reunión dos deputados do BNG, Néstor Rego polo Congreso e Daniel Castro polo Parlamento, con representantes do tecido socioeconómico da comarca da Mariña a formación nacionalista rexistra unha nova iniciativa na cámara baixa. “As infraestruturas son un elemento fundamental para o desenvolvemento socioeconómico dun territorio. Neste caso, para A Mariña, que ten enormes potencialidades, arrastra unha discriminación histórica con obras pendentes” salienta Rego.
No que ten haber co A-74, o Goberno do Estado leva 17 anos prometendo a súa construción e, aínda que houbo moitos trámites administrativos polo camiño, aínda non se materializou o comezo das obras. “Esta autovía, conectada á Vía de Altas Prestacións propiedade da Xunta de Galiza San Cibrao-Ferrol que ten 15 quilómetros construídos dos 80 previstos, comunicaría as comarcas da Mariña, Ortegal, Ferrolterra e a cidade de Ferrol que ficaron desconectadas da A-8, a chamada Autovía do Cantábrico” explica o deputado do BNG.
“Nos Orzamentos Xerais do Estado non se consignou partida suficiente para afrontar os 242 millóns de euros que se estima pode supoñer a construción desta infraestrutura” lembra. Limitáronse, segundo explicou Rego, a contemplar unha cantidade simbólica de 100 mil euros para cada un dos tres tramos entre Barreiros e Foz. “Cantidades que, a todas luces son insuficientes para dar un verdadeiro impulso á execución desta necesaria infraestrutura que, no seu día o Goberno prometeu ter rematada en 2021” recrimina Rego.
Neste sentido, a organización frentista reclama impulsar a tramitación e iniciar as obras de construción da A-74 na Mariña coa maior brevidade e “consignar unha partida orzamentaria suficiente para acometer as obras e licitar o proxecto o antes posíbel”. “Transcorreron 17 anos de trámites e burocracias administrativas mais agora é preciso un verdadeiro compromiso político e económico para a comarca da Mariña” salienta Néstor Rego.
Esta vía conectaría as poboacións referenciais de toda a comarca no campo económico e dos servizos públicos como poden ser a localidade de San Cibrao, Burela, Celeiro e Ribadeo por posuír un porto, e mesmo a vila de Burela onde se atopa o Hospital Comarcal da Mariña.
Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…
El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…
El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…
El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…
La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…
Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…