O deputado do BNG, Néstor Rego, leva ao Congreso a necesidade de estabelecer unha regulación que impidan as graves consecuencias da reestruturación e concentración bancaria. Reclama que se exixa ás entidades que manteñan os servizos de atención de maneira presencial, que se evite o peche de sucursais bancarias na Galiza e que se regule o sector para pór fin á escalada de abusos bancarios. Recorda así mesmo a urxencia en derrogar a Reforma Laboral que está a facilitar os despedimentos e ERES no sector bancario.
O rescate bancario de 2008 favoreceu o comezo do proceso de reestruturación e a concentración do sistema bancario, mais non serviu para reforzar a transparencia, a intervención e o control público que evitaría futuras burbullas financeiras. Este proceso de privatización e concentración está a supor a destrución e precarización do emprego, así como o empeoramento nas condicións de servizo, tanto para particulares como para as pequenas e medianas empresas.
“Os procesos de fusión que se produciron no Estado reducen a rede bancaria e causan o peche de sucursais destruíndo servizos e emprego na Galiza, o que está a afectar de maneira moi negativa ao rural do noso País” explica o deputado do BNG no Congreso. Para Néstor, o proceso que se está a vivir é “o resultado dunha decisión política: a de permitir a reestruturación e dar entrada a fondos especulativos, así como que a día de hoxe se manteña a Reforma Laboral que facilita a destrución de milleiros de postos de traballo a través dos ERE”.
Coa aparición da pandemia e o Estado de alarma, as entidades bancarias incrementaron as súas comisións e obrigaron á cidadanía a empregar os servizos a través da banca virtual. “Aproveitaron o confinamento para reducir horarios e persoal, así como para pechar oficinas, empeorando a calidade do servizo mentres manteñen e mesmo incrementan as comisións que cobran ás persoas usuarias” subliña o deputado nacionalista.
Por este motivo, a organización frentista reclama ao Goberno do Estado que estabeleza unha nova regulación do sector bancario que obrigue ás entidades a pór fin aos abusos bancarios polo retallo de servizos, ao pacto de horarios, ao incremento das comisións e aos peches de oficinas e redución de persoal. No relativo ás persoas traballadoras da banca, tamén lembra o compromiso do executivo para derrogar a Reforma Laboral “que permite que grandes empresas con beneficios multimillonarios poidan despedir a milleiros de traballadores e traballadoras sen reparos”.
Así mesmo, Néstor Rego propón, recollendo as reclamacións de organizacións sindicais como a CIG, que se permita a xubilación anticipada sen penalización nos procesos que impliquen a redución de persoal, posto que a maioría do sector acumula máis de trinta anos cotizados polas bases máis altas e contribuíndo ao sistema de pensións. No caso de ser preciso, estabelecer acordos de prexubilación para que as traballadoras poidan seguir cotizando na Seguranza Social até poder chegar a xubilación anticipada de maneira que as entidades asuman os custes da reordenación do sector.
“O sistema financeiro é un pilar fundamental para o desenvolvemento social e económico. Debe ser equilibrado, solvente e garantir a prestación de servizos a todos os sectores da sociedade, especialmente aos colectivos máis vulnerábeis e con máis dificultades” reivindica Rego. O actual modelo que se pretende implantar, para o deputado nacionalista, é “especialmente lesivo para o conxunto da sociedade” porque crea exclusión financeira, suprime servizos ou encaréceos e destrúe emprego.
Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…
El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…
El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…
El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…
La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…
Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…