Categorías: Galiza

BNG reclama priorizar a conexión ferroviaria Vigo-Porto

BNG rexistra iniciativas no Congreso para coñecer os compromisos alcanzados entre o Goberno do Estado e o executivo portugués tras o cumio hispano-luso celebrado en Trujillo. No máis concreto, a formación nacionalista quere saber se se tratou de maneira específica a conexión ferroviaria da Galiza co norte de Portugal e se o executivo estatal incluirá nos OXE partidas suficientes para levar a cabo o novo trazado e o impulso da modernización da liña ferroviaria Vigo-Porto.

O cumio hispano-luso organizado no día de onte reuniu aos presidentes dos dous estados. Na rolda de prensa fixeron pública a súa aposta polo tren e o transporte sostíbel mais non anunciaron compromisos concretos de inversión nin acordos sobre prazos. O presidente de Portugal mencionou nas súas declaracións que unha das súas prioridades en materia ferroviaria era a conexión Vigo-Porto. A nivel ministerial tamén puxeron o exemplo dos avances que xa está en redacción o estudo informativo do proxecto da saída sur de Vigo, proxecto que leva sen avances significativos desde 2007, mais non fixou prazos.

Pola súa banda, o Presidente do Estado español, Pedro Sánchez, esqueceuse de citar a conexión do Eixo Atlántico mais si nomeou a conexión Madrid-Lisboa. Por este motivo, a organización frentista quere saber se durante o cumio, ambos estados trataron de maneira específica nas conversacións a modernización da conexión ferroviaria, tanto de viaxeiros como de mercadorías, entre Vigo e Porto.

Mesmo pregunta sobre se o executivo español rectificará e incluirá nos Orzamentos partidas específicas suficientes para acometer as obras de modernización e a adquisición de máquinas e vagóns mellores, así como a ampliación de frecuencias.

“A modernización da conexión ferroviaria entre Vigo e Porto é vital por tratarse dunha infraestrutura estratéxica para a vertebración das conexións entre Galiza e o norte de Portugal” explica o deputado do BNG. Os continuos retrasos na execución e o esquecemento do Goberno do Estado nos OXE de 2022 non contribúe a esa aposta que os dous presidentes anunciaban sobre o transporte sostíbel.

Para o deputado nacionalista, Néstor Rego, proxectos como a saída sur de Vigo, a supresión dos pasos a nivel, a mellora do trazado e a dotación con sistemas de seguranza máis avanzados continúan sen contemplarse e sen ter partidas suficientes. “O trazado do Eixo Atlántico segue sen avances sendo un proxecto prioritario para garantir o futuro económico da Galiza” enfatiza Rego.

“É imprescindíbel a modernización e a mellora do servizo desta liña. Esta actuación debe ir acompañada tamén da integración da liña de mercadorías Vigo-porto no Corredor Noroeste, garantindo o acceso a fondos europeos para o seu financiamento” sinala o deputado. Así mesmo, conclúe que esta actuación implicará unha mellora nas conexións de media distancia da Galiza, vertebrando o territorio e conectando a area metropolitana de Vigo coa comarca do Baixo Miño.

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

Una investigación expone cómo Trump usará todos sus recursos para manipular los resultados de las elecciones

Una investigación revela presiones federales, acceso a datos sensibles y sospechas de exclusión masiva de…

1 semana hace

Guerra civil: Silicon Valley se rompe por la IA militar mientras el Pentágono aprieta el acelerador

Ingenieros, directivos y empresas chocan por los límites éticos de una tecnología que ya marca…

1 semana hace

NACIONAL | Alaska, Eurovisión y propaganda: por qué España ha hecho lo correcto al marcharse

No es un festival de música cuando se normaliza la guerra: es un escaparate blanqueado…

1 semana hace

NACIONAL | ¿Qué posibilidades reales tiene Vito Quiles de entrar en la cárcel?: el precedente que complica su futuro judicial

¿Qué posibilidades reales tiene Vito Quiles de entrar en la cárcel?: el precedente que complica…

1 semana hace

España exige a Israel la liberación inmediata del activista hispano-palestino Saif Abukeshek

La detención del activista en aguas internacionales convierte la ayuda humanitaria a Gaza en un…

1 semana hace

NACIONAL | Pujol: la justicia que llega tarde y se va antes

Doce años de investigación terminan sin juicio y con demasiadas preguntas sin responder Ni absolución…

1 semana hace