O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e a voceira municipal da formación en Padrón, Beatriz Rei, presentan as emendas presentadas os Orzamentos do Estado para a localidade. Un total de cinco emendas, por valor de 6 millóns de euros, co obxectivo prioritario de mellorar a seguranza viaria en Padrón, a humanización do paso da N-550 polo municipio, e a posta en valor de zonas con valor histórico artístico.
“Algunhas emendas reiteran demandas de vello como é, por exemplo, a actuación para a humanización da N-550, pero tamén se inclúen outras moi importantes para o futuro do concello como a referida a unha variante en Iria Flavia que permita retirar a maioría do tráfico deste entorno e poder realizar unha actuación para a súa protección e a humanización do entorno” explica a voceira do BNG en Padrón. Así mesmo, agradece o labor do deputado nacionalista no Congreso e reivindica o papel do BNG na cámara baixa: “demostra que un só deputado do BNG vale máis que centos doutras forzas políticas”.
En definitiva, o BNG rexistrou emendas que reclaman dar prioridade cinco actuacións necesarias e urxentes “que contribuirán a mellorar a calidade urbana e, sobre todo, a calidade de vida e benestar do conxunto dos veciños e veciñas” e que se cuantifican nun total de 6 millóns de euros de investimento para Padrón.
Entre esas actuacións, Rego destaca a humanización e a mellora da seguranza viaria entre Padrón e A Ponte, unha vía que transcorre en todo o seu traxecto polo centro de Padrón cun elevado número de vehículos que circulan por ela a diario- entre 20.000 e 30.000- con accesos e interseccións moi perigosas que carecen de beiravías transitábeis. “Representa un perigo permanente tanto para os vehículos como para as persoas que teñen que camiñar e mesmo acceder as súas vivendas” explica. Trátase dunha vella demanda do concello, e aínda que xa en 2009 se tiña redactado un proxecto, nunca chegou a executarse.
“Presentamos tamén unha emenda de 1.2 millóns para a construción dunha variante en Iria Flavia que evite que a N-550 atravese este núcleo que posúe un interese enorme do punto de vista histórico-artístico” subliña Rego. Neste punto, atópase a Colexiata de Iria Flavia, un monumento declarado Ben de Interese Cultural, e a Casa dos Cóengos, sede da Fundación Camilo José Cela, así como o Museo do Ferrocarril. “Esta variante permitiría facer un espazo moito máis valorizado e moito máis aproveitábel do punto de vista humano” reivindica o deputado nacionalista.
Así mesmo, Rego considera necesaria a actuación para mellorar a seguranza viaria, tamén na N-550, entre Iria Flavia e Padrón “para mellorar a seguranza no paso a nivel no Camiño Portugués” e reclama tamén unha partida para mellorar as ramplas deste porto da Ponte, competencia de Portos do Estado e que, hoxe, se atopa en estado de total abandono. “Entendemos que este conxunto de emendas, cunha cifra perfectamente asumíbel polo executivo, é imprescindíbel porque atende a necesidades perentorias para o Concello de Padrón” conclúe Rego.
Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…
El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…
El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…
El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…
La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…
Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…