Categorías: Galiza

BNG urxe paralizar o fechamento da oficina do ISM en Corcubión

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistra iniciativas na cámara baixa para evitar o fechamento das oficinas do Instituto Social da Mariña de Corcubión e reclama que se dote a esta oficina, e as do resto do País, dos medios persoais e materiais que permitan manter os servizos médicos, formativos e administrativos de maneira presencial. Rego urxe parar o desmantelamento das oficinas do ISM na Galiza que permiten un acceso próximo e áxil a todos os afiliados e afiliadas. Traslada a proposta das confrarías de que, como solución temporal, a oficina de Corcubión abra cando menos dous días á semana.

A semana pasada anunciábase o inminente fechamento dos servizos administrativos na oficina do Instituto Social da Mariña de Corcubión o que suporá un grave prexuízo para todas as Confrarías da Costa da Morte, aproximadamente 1.400 profesionais afiliados ao réxime especial que precisan un centro próximo para tramitar todos os asuntos referidos ao mesmo. Neste centro xa deixaran de prestar os servizos de recoñecementos médicos por falta de persoal durante meses, aínda que logo cubriron a praza. Agora a redución de servizos deriva do traslado do persoal das oficinas do centro e a eliminación da praza de administrativo.

“Aínda que se manteña a instalación aberta, é evidente que, se van sendo eliminados os servizos esencias que presta o ISM, a oficina acabará por fechar” subliña o deputado nacionalista. A redución de servizos parece indicar unha intención de desmantelamento paulatino e o obxectivo clausurar de maneira definitiva o local. “É imprescindíbel que os centros do Instituto Social da Mariña, todos eles, se manteñan en pleno funcionamento para facilitar o desenvolvemento da actividade marisqueira e pesqueira na Galiza” enfatiza Rego.

Rego reclama que se manteña aberta esta oficina e mesmo demanda ao Goberno do Estado que dote de partidas orzamentarias específicas para mellorar as instalacións de todas as oficinas do ISM existentes na Galiza. “Temos que conseguir manter os servizos formativos e administrativos que prestan asistencia a milleiros de afiliados do Réxime Especial do Mar, así como recuperar, naquelas oficinas en que este desapareceu, o servizo de recoñecemento médico” destaca o deputado do BNG.

Como solución temporal e alternativa ao fechamento, Rego traslada a proposta das confrarías para, mentres non conte con todo o persoal necesario, manter a oficina de Corcubión aberta durante, cando menos, dous días a semana. Poderían compartir o persoal da Dirección Local de Fisterra e desprazaríanse nas xornadas indicadas para continuar a actividade e evitar a mobilidade e a molestia innecesaria das e dos afiliados.

“O sector da pesca é dinámico e precisa centros presenciais en que se poidan realizar todas as xestións relacionadas coa seguranza social e coa súa actividade a bordo e que deben ser atendidas polo ISM” destaca Rego. De facto, se estes centros fechan a súa actividade de maneira presencial “dificultarían os trámites e incrementarían os custes para todo o sector pesqueiro e marisqueiro”.

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

Trump quiere detener a un gobernador. California quiere llevar a Trump ante la Justicia

El asalto a Los Ángeles confirma la deriva autoritaria del segundo mandato de Trump TRUMP…

5 días hace

Trump amenaza con aplicar la ley de Insurrección en Los Ángeles: cuando el fascismo viste de legalidad

El presidente deja abierta la aplicación de la ley para militarizar las calles en su…

5 días hace

«No se debe tener piedad con los niños de Gaza, así lo quiso dios.» La religión como eterna excusa para asesinar inocentes

El extremismo sionista campa a sus anchas en academias militares, púlpitos y redes israelíes mientras…

5 días hace

La justicia griega tumba a tres diputados ultras: eran el caballo de Troya de un neonazi condenado

Cuando los viejos fantasmas del fascismo se cuelan por las rendijas de la democracia, a…

5 días hace

Greta Thunberg: historia de una narrativa

Por Franz Helgon Vivimos en un mundo en el que las idas y las venidas…

5 días hace

Elon Musk se inventa un nuevo partido para hacerse con el poder real en EE.UU.

The America Party: el último juguete del multimillonario para seguir manejando gobiernos desde su trono…

5 días hace