Victoria Portas
Que desde o pasado día 12 de marzo do 2020 estamos a levar a cabo medidas sociais, económicas, de mobilidade e illamento para poñer fin a esta pandemia, e colaborando estreitamente cos recursos sanitarios da nosa área sanitaria. 

O Concello de Cangas e a Mancomunidade do Morrazo non contamos con Hospital propio e os desprazamentos fanse aos Hospitais máis próximos Povisa ou Álvaro Cunqueiro. Un desprazamento en ambulancia desde o PAC de Cangas supón 27 mínutos a Povisa, 36 minutos ao Álvaro Cunqueiro, e sumándolle a entrega do paciente duns 15 minutos e a volta para recoller o seguinte paciente, a defensa do resto da poboación queda en dúbida. 

Si a isto engadímoslle que o Sergas determinou unir o PAC de Cangas e o PAC de Moaña, devandito PAC ten que cubrir a un total de poboación de 46.000 persoas onde case o 20% son persoas maiores de 65 anos. 

Aínda así, esta corporación cremos na capacidade do noso persoal sanitario, porque si non fose polos datos da Residencia de Maiores de Aldán ( DomusVi) a pandemia na área está a ser tranquila e con todas as ferramentas de control grazas ao gran traballo que están a realizar os corpos de seguridade, de limpeza, sanitarios, coidadores e veciñanza en xeral. 

Pero todos sabemos que si queremos realmente conseguir os resultados óptimos nesta pandemia necesitamos ter localizados todos os casos positivos, asintomáticos ou non, e os casos negativos e iso soamente poderiámolo obterlos si temos os TEST de cribado rápido. 

Grazas á gran colaboración e coordinación que temos entre o persoal sanitario co que contamos, coa axuda do persoal sanitario das Farmacias e os corpos de seguridade poderiamos facer ese test a toda a poboación nun prazo moi reducido de tempo. 

Por todo iso, e polo presente e futuro da saúde dos nosos veciños e veciñas desde o Goberno Municipal demandamos a Xunta de Galicia, que poña ao disposición dos profesionais da sanidade o número suficiente de test específicos ou viral para poder actuar de forma correcta na defensa da vida e saúde da cidadanía.