Redacción 

Esquerda Unida organiza mañá mércores 18 de abril, a partir das 20 horas no Colexio de Arquitectos da Coruña (Rúa Federico Tapia, 64) a conferencia que leva por título “Reformular o financiamento do Estado: como garantir as pensións públicas”, coa que se resalta a necesidade de levar a cabo un debate no relativo a un modelo de financiamento que garanta un sistema público de pensións como dereito fundamental.

Este acto contará coa presenza de Carlos Sánchez Mato, economista e responsable de Políticas Económicas de IU; Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de En Marea; Albino Prada, economista e profesor da UVIGO e Manuel Lago, economista e deputado de En Marea.

 

Conferencia: “Reformular o financiamento do estado: como garantir as pensións públicas”

 

Hora: 20 horas.

Data: Mércores, 18 de abril.

Lugar: Colexio de Arquitectos da Coruña (Rúa Federico Tapia, 64).

Deja un comentario