CCOO apoia os paros indefinidos convocados pola sección sindical desta organización, xunto a UGT e CIG, na empresa GRI Towers Galicia, situada no polígono da Uceira, no concello ourensán do Carballiño. Comisións lamenta que a dirección da compañía pretenda converter en papel mollado os dereitos e obrigas do convenio sectorial.

Mañá comezan os paros na empresa, dedicada á fabricación de compoñentes eólicos, como as torres

Mañá comezan os paros na empresa, dedicada á fabricación de compoñentes eólicos, como as torres

CCOO rexeita teimosía da empresa, negándose a chegar a acordos coa representación sindical canto ás condicións laborais e xornada de traballo. O sindicato insta a empresa a que cumpra co recollido no convenio e atenda as reivindicacións formuladas pola parte social.

Mentres GRI Towers Galicia non rectifique, CCOO, xunto a UGT e CIG, convocan paros indefinidos, comezando mañá venres, día 19 de outubro. Os paros terán lugar de 11:30 a 12:30 horas para a quenda de mañá, de 20:30 a 21:30 horas para a tarde e de 04:30 a 05:30 para a noite.

 

Deja un comentario